Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2020/2021
Resolución do 18 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional durante o curso 2020/2021.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca o programa de innovación educativa Club de Letras que ten como obxecto potenciar o emprendemento, o pensamento crítico e creativo na área das Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais.
A temática elixida nesta convocatoria sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais é o coidado entendido nun sentido amplo desde a comprensión da responsabilidade e da corresponsabilidade na atención das tarefas e dos labores para a atención das necesidades de quen está a padecer unha situación de vulnerabilidade.
- O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de setembro de 2020.
- Ampliación de prazo de solicitude ata o mércores 7 de outubro de 2020.