Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Mar, 17/11/2020 - 11:01

Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591). As especialidades convocadas son:

 

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

590007

Física e química

590016

Música

590019

Tecnoloxía

590053

Lingua e literatura galega

590107

Informática

 

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

CÓDIGO

DENOMINACIÓN ESPECIALIDADE

591211

Mecanizado e mantemento de máquinas

591222

Procesos de xestión administrativa

591227

Sistemas e aplicacións informáticas

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 18 de novembro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

  • Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)
  • Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)  e de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).

PDF icon Resolución do 17 de novembro de 2020: ConvocatoriaPDF icon Resolución provisional. Mecanizado e mantemento de máquinasPDF icon Baremo provisional. Mecanizado e mantemento de máquinasPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. Mecanizado e mantemento de máquinasPDF icon Resolución provisional. Sistemas e aplicacións informáticasPDF icon Baremo provisional. Sistemas e aplicacións informáticasPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. Sistemas e aplicacións informáticasPDF icon Resolución provisional. InformáticaPDF icon Baremo provisional. InformáticaPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. InformáticaPDF icon Resolución provisional. MúsicaPDF icon Baremo provisional. MúsicaPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. MúsicaPDF icon Resolución provisional. Lingua e literatura galega PDF icon Baremo provisional. Lingua e literatura galega PDF icon Relación provisional de persoas excluídas. Lingua e literatura galegaPDF icon Resolución definitiva. Informática PDF icon Baremo definitivo. Informática PDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. Informática PDF icon Resolución definitiva. Mecanizado e mantemento de máquinasPDF icon Baremo definitivo. Mecanizado e mantemento de máquinasPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. Mecanizado e mantemento de máquinasPDF icon Resolución definitiva. Sistemas e aplicacións informáticasPDF icon Baremo definitivo. Sistemas e aplicacións informáticasPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. Sistemas e aplicacións informáticasPDF icon Resolución definitiva. MúsicaPDF icon Baremo definitivo. MúsicaPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. MúsicaPDF icon Resolución definitiva. Lingua e literatura galegaPDF icon Baremo definitivo. Lingua e literatura galegaPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. Lingua e literatura galegaPDF icon Resolución provisional. Física e QuímicaPDF icon Baremo provisional. Física e QuímicaPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. Física e QuímicaPDF icon Resolución provisional. TecnoloxíaPDF icon Baremo provisional. TecnoloxíaPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. TecnoloxíaPDF icon Resolución provisional. Procesos de xestión administrativaPDF icon Baremo provisional. Procesos de xestión administrativaPDF icon Relación provisional de persoas excluídas. Procesos de xestión administrativaPDF icon Resolución definitiva. Física e químicaPDF icon Baremo definitivo. Física e químicaPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. Física e químicaPDF icon Resolución definitiva. TecnoloxíaPDF icon Baremo definitivo. TecnoloxíaPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. TecnoloxíaPDF icon Resolución definitiva. Procesos de xestión administrativaPDF icon Baremo definitivo. Procesos de xestión administrativaPDF icon Relación definitiva de persoas excluídas. Procesos de xestión administrativa