Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020
Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso escolar 2019/20.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
-
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
-
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederanse, para cada categoría, catro premios;
Categorías |
Premio |
Importe |
A |
1º premio |
5.000€ |
2º premio |
2.500€ |
|
3º premio |
1.000€ |
|
Accésit |
500 € |
|
B |
1º premio |
5.000€ |
2º premio |
2.500€ |
|
3º premio |
1.000€ |
|
Accésit |
500 € |
Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.
O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán ao enderezo de correo electrónico inclusioneducativa@edu.xunta.gal, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería, rematando o prazo o 30 de xullo de 2020.
Resolución do 29 de xuño de 2020, pola que se convoca o Premio de Boas Prácticas de Educación Inclusiva Anexo I: solicitude de participación (formulario pdf) Certificado de docentes participantes - modelo orientativo (formulario pdf) Resolución provisional dos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 Resolución definitiva dos Premios Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020