Celebramos o Dia da Paz e Non violencia o día 29 de xaneiro no ximnasio do centro coa participación de todo o alumnado e profesorado.
Dous representantes do alumnado do terceiro ciclo fixeron unha pequena introdución explicando o significado desta conmemoración. Posteriormente, dous representantes de cada curso de primaria foron introducindo nun recipiente distintas letras e, o alumnado de infantil, fixo o propio con distintos símbolos de Paz.
Uns magos, despois de facer un conxuro, crearon a mensaxe PAZ NO MUNDO. Como música de fondo soaba a canción "Imagine" de John Lennon e rematamos cantando todos xuntos a canción "Que viva a Paz e o Amor"