Skip to Content

Día da árbore!

O Día Forestal Mundial ou Día da Árbore celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data é tradicional realizar plantacións.

 

No colexio realizáronse distintas actividades no patio: Plantacións de especies de temporada, identificación e nomenclatura das árbores existentes e colocación de niños de paxaro.

Participou nestas actividades o Concelleiro de Medio Ambiente do Excmo. Concello de Ribadeo, facendo fincapé nas vantaxes que nos proporciona o coidado e protección das árbores para conseguir un desenvolvemento sostible, a forma de desenvolvemento que satisface as necesidades do presente sen comprometer as do futuro.

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

Vivindo na igualdade!

Ciencia Divertida e Programas Educativos e de Entretemento S.L., coa colaboración da Excma. Diputación Provincial de Lugo ( Área de Benestar Social) están levando a cabo  no centro uns obradoiros "Vivindo na Igualdade".

Esta actividade ten por obxectivo principal desenvolver  en nenos e nenas, desde idades temperás, condutas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia, e fomentar valores igualitarios e non discriminatorios, por razón de sexo, orixe, etc., e promover a resolución pacífica de conflictos como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade.

VER MÁIS FOTOS

Que levar nas mochilas?

"Á hora de decidir que libros imos a meter na mochila é importante saber de antemán que asignaturas tocan ese día, para o que nos axudará o horario, que debemos ter á man para así consultalo fácilmente.

Evitaremos levar libretas, carpetas ou calquer utensilio innecesario, xa que o único que nos aportará será peso e polo tanto sobrecarga e ó fin da xornada teremos dor de espalda por cargar con cousas innecesarias".

Un acordo internacional recomenda que o peso da mochila non sobrepase do 10% ou 15% do peso corporal.

Esta e outras recomendacións aparecen nunha GUÍA PARA PREVIR A DOR DE ESPALDA E AS SÚAS DEFORMACIÓNS, realizada por Paloma Rodríguez Oviedo, enfermera do Hospital da Costa de Burela, que desenvolve un proxecto de investigación con alumnos de 6º curso de Primaria e ESO co obxectivo de previr a aparición de dor e problemas de espalda a idades máis tardías.

 

Almorzo san!

Para conseguir alimentarnos de forma saúdable debemos coidar que os nosos hábitos alimentarios sexan os correctos. É fundamental proporcionar ao noso organismo os nutrintes que necesita e facelo de forma apropiada. Só así se consegue manter un óptimo estado de saúde.

 

O alumnado de segundo ciclo de primaria degustou no comedor escolar un almorzo equilibrado e san,  a base de pan, cereais, lácteos e froita. O obxectivo fundamental desta actividade é concienciar aos  alumnos/as  da importancia que ten realizar un bo almorzo para mellorar o rendemento escolar, físico e intelectual.

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

Aulas da Natureza 2010

A Consellería de Educación convoca axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2010, para o alumnado entre once e trece anos, no centro de programas educativos de Viérnoles, Torrelavega(Cantabria).

As aulas da Natureza cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizar múltiples actividades de tipo formativo, cultural e deportivo.

VER ORDE DA CONVOCATORIA.

Inmersión lingüística 2010

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas par realizar actividades de inmersión lingüística durante o ano 2010.

As persoas que desexen optar á axuda deberán completar "en liña", a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, o formulario electrónico de solicitude, segundo o modelo do anexo I que corresponda en función do curso en que estean matriculados (só 6º curso en E.primaria)  e os anexos II, III e, de ser o caso, o anexo IV. (ver procedemento na Orde da convocatoria)

VER ORDE DA CONVOCATORIA.

Admisión curso 2010-2011

Admisión de alumnado para o curso 2010-2011 para os que acceden por primeira vez a un centro (infantil de 3 anos), por cambios de centro ou domicilio, etc.

A LEXISLACIÓN APLICABLE:

Decreto 30/2007, do 15 de marzo (DOG:16/03/2007)

Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG: 19/03/2007). Corrección de erros (DOG: 04/04/2007).

Instruccións concretas que poida ditar a Consellería de Educación e O. Universitaria para o proceso de admisión, curso 2010-2011.

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS SEGUN ORDE DO 17/02/2007.

1 de Marzo: Publicación no taboleiro e na web do centro das vacantes dispoñibles.

1 ao 31 de Marzo:

Presentación de solicitudes de admisión segundo Anexo II, acompañadas do DNI ou Libro de familia. Entrega en secretaría do centro.

Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada, devolvendo copias aos interesados/as.

Antes do 30 de Abril:

Reunión do Consello Escolar e publicación provisional de admitidos e non admitidos por curso (artigo 35º-1)

Prazo de presentación de reclamacións:cinco días hábiles.(artigo 35º-2)

Resolución de reclamacións cinco días hábiles (artigo 35º-3)

Publicación das listaxes definitivas. (artigo 36º)

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

PRAZO: 20 A 30 DE XUÑO. Na secretaría do centro.

Os impresos necesarios para solicitude de admisión e matrícula pódense descargar desde o apartado secretaría/ impresos nesta web.

Para máis información:

Teléfono e fax: 982 12 88 48

 

Proxecto de xornada única

O resultado da consulta aos pais/nais de alumnos/as sobre o Proxecto de xornada única en sesión de mañá para o curso 2010-2011 é o seguinte:

Votaron  SI ao proxecto 140 familias.

Votaron NON ao proxecto 111 familias.

Votos en branco: 1

Votos nulos: 1

Total de votantes: 253

Porcentaxe de participación na consulta: 79,31%

Aínda que a maioría de familias votaron SI ao proxecto, non se consegue o 58% do censo total necesario para ser aprobado.

O Equipo Directivo agradece a tódalas familias a alto índice de participación nesta consulta.

Seguiremos a traballar co obxectivo firme de conseguir un ensino público de calidade.

Volta á Idade Media !

O venres, 12 de febreiro, conmemoramos no centro a FESTA DO ENTROIDO. O centro de interese é "A Idade Media". Gozaremos dun espectáculo acorde coa época do medievo. Unha divertida historia na que un ciruxán-barbeiro  nos mostrará e intentará vender o elixir máxico co que se poderán facer piruetas, malabares e maxia.

 

 

Contaremos con variados disfraces:

En infantil campesinos, xoglares, princesas, cabaleiros,..

No primeiro ciclo de primaria: bruxos/as, magos/as e peregríns

 

No segundo e terceiro ciclo: malabaristas, damas medievais, curas, monxes, trovadores, dragóns, ...

VER PROGRAMA

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA DO ENTROIDO

Durante toda a xornada do venres, 12 de febreiro, en horario de 10:00 a 20:00 horas, terá lugar a consulta aos  pais/nais ou titores legais sobre o Proxecto de Xornada única en sesión de mañá a desenvolver no  curso 2010-2011. Rogamos que acudan a votar para manifestar a súa opinión sobre este proxecto.

Día mundial dos humedais!

Como cada 2 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día dos Humedais, data que coincide coa firma do Convenio sobre os Humedais de Ramsar(1971).

Promovido pola Consellería do Medio Rural, Dirección Xeral da Conservación da Natureza, desenvolveuse no centro unha charla co alumnado de 6º curso de Educación primaria, referida aos diferentes tipos de humedais e espazos protexidos así como sobre a fauna e flora presente nos mesmos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut