Skip to Content

Axudas para a adquisición de libros de texto

As axudas para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e materiais didácticos destinado ao alumnado de 1º,2º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria para o curso 2010-2011 está regulado pola Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria  de 28 de maio de 2010 (D.O.G. do 31 de maio). (VER ORDE)

Formalización de matrícula

O prazo de formalización de matrícula para o curso 2010-2011 é do día 20 ao 30 de xuño. Os impresos necesarios pódense descargar desta  web ou solicitalos na secretaría do centro.

Para calquera dúbida o teléfono do centro é o 982 12 88 48. O Correo electrónico: ceip.gregorio.sanz@edu.xunta.es

O horario durante o mes de xuño de 9:30 a 14:30 horas.

Reserva de praza en Educación Infantil

Tódolos/as  alumnos/as que tiñan solicitada praza en Educación Infantil de 3 anos  para o curso 2010 -2011 están admitidos.

Semana Cultural

Nestes días celebramos no colexio a Semana Cultural con distintas actividades:

♦ Encontros dentro do programa da Axenda 21 Escolar de Galicia.

Actividades de teatro, música e animación no auditorio municipal.

♦ Excursión de 6º curso ao Museo da minería en Asturias.

Talleres de reciclaxe, manualidades e xogos cooperativos.

♦ Exposición do proxecto "Coñecer a Costa de Ribadeo" para todo o   alumnado do centro.

♦ Charlas de Educación Viaria en Foz.

Día do Deporte: Carreiras ao aire libre e partidos de baloncesto e brilé.

(VER GALERÍA FOTOGRÁFICA)

Cine para E. Infantil e !º Ciclo de Primaria

Almorzo san para o 3º Ciclo de E. Primaria.

♦ Charla sobre o "Almorzo cardiosaudable"

Mostra de tradicións: Elaboración do pan e xabón.

(VER FOTOS) 

Actividades das ANPAS: Ximnasia rítmica e patinaxe.

 

 

 

Encontros "O alumnado é o protagonista"

Alumnado do CEIP  "Virxe do Carme" de Burela e do CEIP "Gregorio Sanz" participaron  na xuntanza "O alumnado é o protagonista" da Axenda 21 Escolar de Galicia.

Durante toda a xornada desenvolvéronse distintas actividades: xincana interactiva "aventura global", presentación das experiencias da A21 EG dos dous colexios participantes e, finalmente,  obradoiro e gravacións de spots publicitarios, finalizando os actos coa entrega de agasallos e despedida do encontro. O alumnado sentiuse verdadeiramente protagonista.

O proxecto Coñecer a Costa de Ribadeo!

 

Participamos na XVI edición da Feira da Ciencia celebrada no IES "Porta da Auga" na que presentamos o Proxecto "Coñecer a costa de Ribadeo" co que participamos na Axenda 21 Escolar de Galicia neste curso. En datas próximas faremos o recorrido por unha das rotas  que contempla o  referido proxecto.

Actividades de Inmersión Lingüística 2010

En cumprimento do disposto no artigo 7.1 da Orde do 5 de febreiro de 2010 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010 (DOG do 11/02/2010) publícanse as listaxes seguintes:

Solicitantes con documentación correcta. Anexo I.

Solicitantes de documentación incorrecta. Anexo II.

Solicitudes en trámite. Anexo III.

Solicitudes fóra de prazo. Anexo IV.

Solicitudes descartadas. Anexo V.

Solicitudes excluídas. Anexo VI.

Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Ábrese un prazo de 10 días (dende o 8 de abril ata o 17 de abril) para enmendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Distribuir contido


by Dr. Radut