Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Entroido 2013

 

Con motivo da celebración do Entroido, o pasado venres 8 de febreiro levouse a cabo un desfile no pavillón de deportes do colexio. Tanto o alumnado de infantil e primaria como parte  do profesorado ensinaron os seus disfraces ao son da música.

Este ano tratouse de representar diferentes épocas da historia; houbo exipcios, romanos, damas e cabaleiros da idade media, mulleres e homes elegantes dos anos 20, hippies dos 60 e seguidores do movemento punk de mediados dos 70...

Ademais, ao longo da semana  fixéronse os Mandadiños. Cada día vimos ao colexio adornados dun xeito determinado, sendo os adornos acumulativos.

As fotos están na Galería.


Celebrando a Paz

Día da Paz

O día de onte, mércores 30 de xaneiro, conmemorouse o día da paz con motivo do pasamento de Mahatma Ghandi.

Para celebralo, leváronse a cabo no colexio diferentes actividades propostas polo equipo de actividades complementarias e extraescolares:

  • Elaboración de varias árbores por parte do alumnado do colexio empregando a impresión das mans de todos os nenos e nenas de cada clase.
  • Elaboración de carteis alusivos á paz.
  • Realización da actividade "Regalamos sorrisos".
  • Ao longo desta semana a música de entrada, recreo e saída foi a canción "Mensajes del agua" de Macaco; canción que se traballou na aula de música. (Podedes escoitar a canción aquí)
  • Elaboración por parte do departamento de orientación dun díptico informativo con actitudes relativas a unha boa convivencia. Adxuntamos o documento en pdf.

                                

 

Podedes ver fotos das árbores e das mensaxes na Galería.


Festival de Nadal

   


"Despedida de ano vello
Entradiña de aninovo
Os señores desta casa
Os conten con moito gozo.
Viva a terra dos gaiteiros
Que viñeron a tocar
Ó neno recén nacido
Entre as pallas do portal.
Ano novo vida nova
Ano novo que traerás
O vello suspiros leva
O novo xa os traerá.
Ano de festas que naces
O pasado xa pasou
A primavera enverdece
O xardín que se marchou.
Viva a terra dos gaiteiros
Que viñeron a tocar
Ó neno recén nacido
Entre as pallas do portal.
Ano novo vida nova
Ano novo que traerás
O vello suspiros leva
O novo xa os traerá."
(Fuxan os ventos)

Igualdade entre homes e mulleres

 

O concello de Arteixo está levando a cabo uns obradoiros de formación sobre igualdade e prevención da violencia de xénero nos centros educativos da zona. Con este motivo, os días 5 e 19 de novembro impartiuse no noso colexio un curso sobre igualdade entre homes e mulleres.

MURAL OBRADOIRO IGUALDADE

No arquivo adxunto podedes ler un resumo das actividades desenvolvidas nas dúas sesións; resumo redactado por dúas alumnas de 6º B.

Hai fotos das mensaxes redactadas polo alumnado na GALERÍA.

E chegou o Magosto

Hoxe celebramos no colexio o magosto. O alumnado participou por ciclos en diferentes xogos dirixidos polo alumnado de 6º de Primaria. Houbo de todo: a mariola, carreira de sacos, a tarabela, relevos de castañas, tiro de corda e unha variante do xogo do pano.


As fotos están na Galería.

Magosto 2012

Actividades do magosto

Samaín 2012

Este curso, para celebrar o Samaín, levamos a cabo diversas actividades; decoramos os corredores do colexio, houbo varias sesións de contacontos na biblioteca, o alumnado trouxo cabazas de casa...

Podedes ver na Galería como quedou o noso centro durante estes días.

Podedes visitar tamén o blog da biblioteca que ten actividades interesantes relacionadas co Samaín.

LIP DUB do Galán

 

Clica aquí para ver o LIP DUB do Galán

Superfestival de artistas no CEIP Galán

E chegou o momento de despedir outro curso máis... un curso cheo de cousas novas que aprendemos, cheo dun montón de vivencias, de experiencias e doutras tantas emocións e sentimentos que compartir... E como non podía ser doutra maneira, decidimos que a mellor forma de facelo era despedirse compartíndoo entre toda a comunidade educativa, nenos, nenas, familias, mestras e mestres cun gran festival de fin de curso.

Actividade:"Ponlle as pilas ao teu bocata"

Onte, os rapaces e rapazas de 3º, 4º e 5º participamos  na actividade " Ponlle as pilas ao teu bocata 2012", no que fixemos os nosos propios bocatas con conservas de produtos do mar....RIQUÍSIMOS! e ademais nos regalaron unhas viseiras.

Distribuir contido


by Dr. Radut