Skip to Content

Superfestival de artistas no CEIP Galán

E chegou o momento de despedir outro curso máis... un curso cheo de cousas novas que aprendemos, cheo dun montón de vivencias, de experiencias e doutras tantas emocións e sentimentos que compartir... E como non podía ser doutra maneira, decidimos que a mellor forma de facelo era despedirse compartíndoo entre toda a comunidade educativa, nenos, nenas, familias, mestras e mestres cun gran festival de fin de curso.

Non temos moi claro como contalo pois é moi difícil explicar a gran emoción de ver aos pequechos do cole bailando e cantando " Solo se vive una vez", ou a versión do tema "Miña terra galega", ou aos primeiros e segundos a ritmo de Abba, aos terceiros facéndolle a ola aos cuartos, tamén aos quintos e sextos, ao baile dun grupo de mestres e mestras emulando a parchís...eso, sen esquencer a presentación oficial do Lip Dub " Escola de calor", ou o baile de todos os rapaces do colexio de despedida dunha das cancións do verán 2012...como explicar tantas emocións xuntas, coa ledicia de comezar unhas vacacións e para moitos rematar a súa etapa en primaria para comezar unha nova andanza na secundaria...

Como explicalo sen que nos entre a morriña do compartido ao longo destes tres trimestres que, un ano máis, deixa unha pegada nos nosos coranzonciños...

PERO NON TODO VAI SER MORRIÑA!!!

Nun par de meses ...MÁIS E MELLOR!!!

Unha aperta moi grande do equipo educativo do CEIP Galán e...ATA SETEMBRO!!!



page | by Dr. Radut