Celebrando a Paz
Día da Paz
O día de onte, mércores 30 de xaneiro, conmemorouse o día da paz con motivo do pasamento de Mahatma Ghandi.
Para celebralo, leváronse a cabo no colexio diferentes actividades propostas polo equipo de actividades complementarias e extraescolares:
- Elaboración de varias árbores por parte do alumnado do colexio empregando a impresión das mans de todos os nenos e nenas de cada clase.
- Elaboración de carteis alusivos á paz.
- Realización da actividade "Regalamos sorrisos".
- Ao longo desta semana a música de entrada, recreo e saída foi a canción "Mensajes del agua" de Macaco; canción que se traballou na aula de música. (Podedes escoitar a canción aquí)
- Elaboración por parte do departamento de orientación dun díptico informativo con actitudes relativas a unha boa convivencia. Adxuntamos o documento en pdf.
Podedes ver fotos das árbores e das mensaxes na Galería.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DípticoPaz.pdf | 70.16 KB |