Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Superfestival de artistas no CEIP Galán

E chegou o momento de despedir outro curso máis... un curso cheo de cousas novas que aprendemos, cheo dun montón de vivencias, de experiencias e doutras tantas emocións e sentimentos que compartir... E como non podía ser doutra maneira, decidimos que a mellor forma de facelo era despedirse compartíndoo entre toda a comunidade educativa, nenos, nenas, familias, mestras e mestres cun gran festival de fin de curso.

Actividade:"Ponlle as pilas ao teu bocata"

Onte, os rapaces e rapazas de 3º, 4º e 5º participamos  na actividade " Ponlle as pilas ao teu bocata 2012", no que fixemos os nosos propios bocatas con conservas de produtos do mar....RIQUÍSIMOS! e ademais nos regalaron unhas viseiras.

Letras Galegas en Galán (2012)

 

Os pasados días 11 e 14 de maio celebráronse no colexio diversos festivais por mor da celebración do Día das Letras Galegas.

Os festivais consistiron nun contacontos, unha obra de teatro e unha actuación musical a cargo de Víctor e Óscar, con zanfoña, acordeón e gaita. Interpretaron diversas cancións populares co acompañamento do alumnado que previamente ensaiara as cancións na clase de música.

Ademais, para o alumnado de terceiro ciclo, a profesora de PT do centro, Lidia, interpretou o conto "Titiritesa". É  a historia dunha princesa que lle gusta comer terróns de azucre e saltar nas pozas, unha princesa que soñaba con explorar o mundo nun cabalo azul, unha princesa que se namora doutra princesa..

A obra de teatro, interpretada por alumnos e alumnas de sexto, levaba o título "Benvido a Fantasía" e trataba sobre o mundo das fadas, trasnos e zombies.

O contacontos para os máis pequenos (Infantil, primeiro e segundo ciclo) foi interpretado por alumnas de 5ºC e tiña por título "O home do saco".

Hai fotos na Galería.



Día da árbore

22/03/2012 09:45
22/03/2012 13:40
Etc/GMT+1

Prantación de árbores e realización dun percorrido polas distintas zonas verdes do colexio coa axuda do educador medioambiental do concello.

Xa están aquí as fotos do entroido!

 

Xa pasaron máis de 15 días dende que celebramos no colexio o entroido pero máis vale tarde que nunca; xa podedes ver as fotos na Galería.

Ese día bailamos todas e todos, pequenos e maiores. Este ano os disfraces estaban relacionados co mundo da banda deseñada.

Mandadiños do Entroido

 LUNS , DÍA 13

Dixeron as estrelas

A lúa e o ancho mar

Que o luns na cabeza

Algo debes levar

Día da Paz en Galán

 

O luns 30 de Xaneiro o alumnado do noso colexio deixou as súas mensaxes de Paz nunha pomba xigante.

Podedes ver aquí algunhas das liñas que escribiron pequenos e maiores...

 



BOAS FESTAS!

SUPERFESTIVAL DE ARTISTAS EN OSEIRO

 

O mércores 21 de decembro disfrutamos no colexio dun festival estupendo no que non faltou de nada.

Contamos cunha presentadora que non lle ten nada que envexar aos grandes da televisión. En canto aos protagonistas do día, as nenas e os nenos do Galán, deleitaronnos con actuacións que nos fixeron gozar, rir, mover o esqueleto...

Houbo de todo: rap, gospel, teatro, baile... Podedes ver o programa completo no arquivo adxunto en pdf.

Parabéns a todas e todos!

Podedes ver fotos do festival na Galería.


Celebrando Santa Icía

 

    O pasado martes 22, dende o departamento de música, organizouse unha actividade para festexar o día dos músicos.

Tivemos o pracer de contar cun quinteto de vento-metal; quinteto formado por dous trompetistas, un trombón, un trompa e un tubista.

 

Presentáronnos os diferentes instrumentos e deleitáronnos con melodías coñecidas por todos,grandes e pequenos. Ademais, ao finalizar o acto, o alumnado tivo o privilexio de tocar ditos instrumentos.

A experiencia foi didáctica, divertida e enormemente pracentera, tanto para os nenos e as nenas como para o profesorado.

Cabe resaltar que esta actividade supón o colofón de todo o traballo levado a cabo na aula de música dende o inicio do curso.

Foi unha delicia ver como os rapaces coreaban as cancións espontáneamente e o alto grao de complicidade entre o mestre de música, Miguel, e o alumnado.

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut