Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

I ENCONTRO CEIP de GALÁN- CEIP ROSALÍA DE CASTRO DE XINZO DE LIMIA

 

Curso 2016/2017.

 

O pasado luns, 29 de maio o alumnado de 5º realizou o I Encontro de convivencia co  CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, localidade na que pasou a súa infancia Carlos Casares, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano.

 

Neste primeiro encontro realizáronse diferentes actividades como a visita ao Museo do Entroido, percorrido pola localidade, visitando a Praza de Carlos Casares, a Praza Maior e o antigo cárcere, reconvertido en Escola de Música. Ademais participaron en obradoiros dirixidos polo propio alumnado do centro no que se elaboraron boliñas antiestrés utilizando globos e arroz.

 

E que contan os nenos e nenas de Galán participantes nesta iniciativa?

 

Pois..."que lles encantou este colexio de Xinzo no que a figura de Rosalía estaba por todos os currunchos do mesmo, que descubriron os distintos disfraces de Galicia e as pantallas de Xinzo, que a comida estaba moi rica, que puideron coñecer as rúas dunha vila tan fermosa, que...en definitiva fora un día xenial".

 

Hoxe venres, 9 de xuño, os escolares de Xinzo devolveron a visita.

 

A media mañá foron recibidos no CEIP de Galán e participaron nun obradoiro de coiro, elaboraron chaveiros coas iniciais do seu nome, posteriormente desprazáronse ao litoral, facendo un percorrido a pé dende a praia de Repibelo ata Sabón, acompañados do seu profesorado e de Ramón, persoal de Medio Ambiente. A ruta a pé foi preciosa!

 

A visita finalizou cun xantar de confraternidade no centro.

 

O CEIP de Galán quere salientar a colaboración do Concello de Arteixo nestas actividades e agradecerlle a súa boa disposición e axuda prestada.

 

https://youtu.be/Np-TYu3PKS8. Vídeo parte I

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=MTm3ipAjG8I. Vídeo parte II.

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017 - 2º PASE

Xa están listos os vídeos e as fotos das actuacións do segundo pase do Festival das Letras Galegas celebrado o día 16 de maio no noso colexio.

A continuación enumeramos as diferentes actividades:

  • Recitado de poesía (alumnado de 5º e 6º)
  • Canción galega "Eu queríame casare" (4ºA)
  • Canción galega "Collín toxos e flores" (4ºB)
  • Canción galega "Catro vellos mariñeiros" (4ºC)
  • Teatro "A consulta" (alumnado de 5º)
  • Cantamos todas e todos co mestre de música, Miguel.
  • A obra de teatro "A galiña azul" de Carlos Casares (2ºC)
  • Actuación de nenas pandereteiras de diferentes cursos.

Na Galería hai fotos do festival.

Premede na imaxe para acceder ao canal de youtube e ver os vídeos.

                                                                                       LETRAS GALEGAS 2017

Festival Letras Galegas 2017 - 1º Pase

O 16 de maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas cun festival repleto de actuacións. Levouse a cabo en dous pases; no primeiro contamos coa participación do alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria e no segundo pase coa participación das nenas e dos nenos de 4º, 5º e 6º.

A continuación enumeramos as actuacións da primeira parte:

  • A canción "O galo canta" (1ºB)
  • A canción "Pirimpimpín" (1ºA)
  • O conto "Lolo anda en bicicleta" de Carlos Casares (2ºA)
  • A canción "O tren" (2ºB)
  • A obra de teatro "A galiña azul" de Carlos Casares (2ºC)
  • A canción "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria (1ºC)
  • A canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras (3º)
  • Actuación de nenas pandereteiras de diferentes cursos.

Parabéns a todas e todos polo traballo levado a cabo. Hai que felicitar tamén ao marabilloso público de Infantil que nos deu unha lección a todas e todos.

Xa están listos os vídeos desta parte. Premede na imaxe para acceder ao canal de youtube.

                                                                              

 

Nuns días estarán á vosa disposición as gravacións da segunta parte.

LETRAS GALEGAS 2017

O martes 16 de maio celebraremos no colexio o día das Letras Galegas cun festival cheo de actuacións. Mentres esperamos que saian os vídeos deste curso, podemos recordar algunhas das obras e cancións representadas no curso 2015-2016.

Premede na imaxe para acceder ao contido.

                                                                            LETRAS GALEGAS 2016

 

SEMANA DA FROITA

Seguimos emocionándonos coa froita!

Esta semana, do 27 ao 31 de marzo temos a segunda semana da froita.

Degustaremos plátano, mazá, amorodos, pera e kiwi.

ENTROIDO 2017

O pasado xoves 23 de febreiro celebramos no colexio o entroido. Xa están dispoñibles as fotos e os vídeos.

FOTOS ALFOMBRA

FOTOS PASACALLE

VÍDEOS

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Onte celebrouse no colexio o Día da Paz. Debuxouse no chan do pavillón unha pomba e escribiuse a palabra "PAZ". Ás 11 horas reuniuse todo o alumnado e o profesorado. Tras colocarnos en forma de pomba e facendo uso das letras da palabra "PAZ", cantamos a canción "No dudaría" (interpretada por Antonio Flores); canción que as nenas e os nenos aprenderon na clase de música e que soará ao longo desta semana pola megafonía. Ademais, como todos os anos, houbo sorrisos para regalar.

Durante estes días realizaránse diversas actividades: elaboración de murais, recollida de noticias relacionadas coa paz, recollida de acontecementos bos do colexio, proxección de curtas na biblioteca durante o recreo... 

                                                                                                  DÍA DA PAZ

 

Entrega de froita a Cáritas-Oseiro

Ao longo da semana pasada o alumnado tomou froita durante os recreos. Dado que a coordinadora da actividade constatou que había moita cantidade, preguntoulle ao alumnado que podíamos facer coa froita que sobraba. Entre as propostas aportadas houbo unha que gustou á maioría do alumnado: ceder a froita a quen o necesite. Así que o venres, representantes dos diferentes niveis, acompañados/as dunha mestra, realizaron a entrega a un voluntario de Cáritas. Dito voluntario explicoulles que a organización atende a varias familias da parroquia; familias ás que se lle fai entrega de produtos básicos cada quince días. 

Podedes ver fotos na Galería.

 

Festival Nadal 2016

Xa están dispoñibles os vídeos do festival que tivo lugar o día 21 de decembro.

Premede aquí para acceder ao Canal de youtube "Nadal 2016".

                         

 

Na Galería atoparedes as fotos.

DISTRIBUCIÓN DE FROITAS FRESCAS AO ALUMNADO

O CEIP de Galán ten concedida a autorización e a axuda para a distribución de froita fresca ao alumnado de E. Infantil e E. Primaria. Na ligazón atoparedes máis información.

Períodos de repartición:  2º e 3º trimestre do curso. Xa vos iremos contando.

Distribuir contido


by Dr. Radut