Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

SAÍDAS E ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE

                         SAÍDAS

ENTROIDO EN GALÁN

Xa tedes á vosa disposición o vídeo do desfile do venres 9 de febreiro por Oseiro e as fotos da sesión fotográfica.

Vídeo

Fotos

MANDADIÑOS DO ENTROIDO

Mandadiños da meca

 

Dixeron os do pazo

que se queres entrar.

O luns no pescozo

algo tes que colgar.

 

Se queres coma o felo

ser de moita altura

o martes non esquezas

de adornar a túa cintura.

 

Un peregrino en Santiago

o mércores, se o ves

dirache " meu amigo,

busca algo para os pés".

 

Este xoves rematamos

e só che falta unha peza

e por iso non esquezas

traer algo na cabeza.

CHARLAS SOBRE O USO DAS REDES SOCIAIS

Alumnado de 5º e as súas familias teñen unha charla informativa sobre o uso seguro das redes sociais. O alumnado en horario de mañá, luns día 5. As familias en horario de tarde.

Imparte persoal da Garda Civil (Plan Director para a convivencia nos centros).

O ENTROIDO VÉN DE CAMIÑO NO CEIP GALÁN

O mércores, 24 de xaneiro, deron comezo as actividades de preparación do Entroido deste ano no CEIP Galán, en Oseiro.

Este día o alumnado de Infantil e Primaria tivo a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando diversión a toda a veciñanza.

Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.

A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un colquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe, reminiscencia dos antigos cobradores medievais de impostos.

Quizais o que máis chamou a atención ao alumnado foi a carauta de madeira, e principalmente a mitra, decorada tradicionalmente coa cara dun animal salvaxe e ameazante, neste caso un lobo.

O percorrido do felo entre a rapazada que pasou por algunha das catro sesións celebradas ao longo da mañá no Salón de Usos Múltiples, tamén provocou aplausos e risas e algún que outro pequeno susto entre os máis pequenos.

Esta actividade complementouse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar nesta páxina web e na páxina web da SXPL  da Xunta de Galicia.

Con esta actividade dáse inicio á programación do Entroido no CEIP Galán que pasará polos xa tradicionais mandadiños durante a semana do 5 ao 8 de febreiro, a confección de máscaras e disfraces, a exposición de carautas de felos nos corredores do centro e o Desfile de Entroido do día 9 de febreiro con todo o alumnado por Oseiro, caracterizado baixo a denominación de "Patrimonio Cultural Galego".

Todo un reto para a imaxinación!

Podedes ver fotos do felo de Maceda na Galería.

ENTROIDO 2018

Xa tedes á vosa disposición o material relacionado co Entroido. Premede nas imaxes para acceder aos contidos.

                                 ENTROIDO 2018                    O FELO

Festival de Nadal

Premede na felicitación para acceder aos vídeos do Festival de Nadal. Tamén hai fotos de grupo na Galería.

                                                BO NADAL!

Postais solidarias 2017

Arteixo CCA informa ao CEIP de Galán:

A tenda onde podedes atopar as postais solidarias é TRISCOS.

Grazas pola colaboración.

FUNDACIÓN ABRENTE - CLUB ENKI

Este xoves as nenas e os nenos de 6º de primaria recibimos a visita dos membros do club Enki, que viñeron contarnos como as persoas con discapacidade poden ser autónomas e facer deporte cos medios adecuados e por suposto coa súa forza de vontade.

En primeiro lugar contáronnos as súas experiencias dous deportistas; un de handbike (ciclismo adaptado ou paraciclismo) e outro que practica tenis en cadeira de rodas.

Despois tivemos a oportunidade de compartir pista con eles e experimentar en primeira persoa como poderíamos superar as dificultades coas ferramentas que eles nos ofrecían.

Tedes fotos da actividade na GALERÍA.

Campo a través (6º de Primaria)

Por fin chegou o día da carreira en Carballo, e inda que clima non foi o desexado, o venres 24  disfrutamos moito con esta nova experiencia.

Primeiro foron os nenos de categoría infantil masculina os que correron a distancia de 1200 metros e poideron comprobar o que significa correr unha proba de resistencia. Seguro que na vindeira ocasión cambiamos a estratexia para dosificarnos mellor e chegar todos máis frescos á meta. Pese a todo, todos finalizaron e principalmente pasárono ben.

Máis tarde, foron as nenas de categoría infantil femenina as que correron a distancia de 1000 metros. Fixeron un gran esforzo e tivemos en certos momentos da carreira nenas moi preto da cabeza. O importante é que acabaron contentas trala proba e con ganas de repetir.

Estamos á espera das clasificacións, pero o obxectivo de pasalo ben foi conseguido con creces. Na GALERÍA hai máis fotos.

                   CAMPO A TRAVÉS 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut