FUNDACIÓN ABRENTE - CLUB ENKI
Este xoves as nenas e os nenos de 6º de primaria recibimos a visita dos membros do club Enki, que viñeron contarnos como as persoas con discapacidade poden ser autónomas e facer deporte cos medios adecuados e por suposto coa súa forza de vontade.
En primeiro lugar contáronnos as súas experiencias dous deportistas; un de handbike (ciclismo adaptado ou paraciclismo) e outro que practica tenis en cadeira de rodas.
Despois tivemos a oportunidade de compartir pista con eles e experimentar en primeira persoa como poderíamos superar as dificultades coas ferramentas que eles nos ofrecían.
Tedes fotos da actividade na GALERÍA.