Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Exposición "PATRIMONIO GALEGO"

Durante este curso escolar leváronse nas aulas de infantil e primaria diferentes actividades relacionadas co patrimonio galego. Os traballos do alumnado están expostos na entrada do colexio. Podedes ver algunhas fotografías das obras na GALERÍA.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2018

Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, 2017, María Victoria Moreno, así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para todos os cursos de educación primaria e educación infantil. Ás actividades en liña tamén se pode acceder directamente dende esta páxina web (barra lateral dereita).

                                                                                                       CARLOS CASARES

Día do libro

O luns 23 de abril celebramos o Día do Libro no colexio. Grandes e pequenos compartiron diferentes lecturas dende as 11:10 da mañá ata a hora do recreo. O alumnado de 6º, 5º e 4º encargouse do alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º. Podedes ver o vídeo coas fotos da actividade premendo na imaxe seguinte.                                                              

                                                                DÍA DO LIBRO 2018

 

"Pakolas" en Galán

O pasado 15 de marzo visitou o noso colexio Paco Cerdeira, "Pakolas" e o alumnado tivo a sorte de asistir ao seu concerto.

Paco Cerdeira é un músico, compositor e produtor con unha longa traxectoria no mundo da música. Leva xa trece anos adicado ao público infantil. Comezou traballando no grupo "Mamá Cabra" como músico, técnico de son e produtor dalgún dos seus espectáculos, cos que acadaron varios premios e recoñecementos.

No ano 2014, decide formar a súa propia banda e así nace "A Gramola Gominola". Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao rock.

No ano 2015 comeza o seu proxecto en solitario, "Pakolas", e nace así unha nova proposta. Segue traballando así con letras e composicións propias e co mundo dos contos.

Pakolas ofreceunos un espectáculo divertido, dinámico e participativo, cheo de enerxía e bo facer; espectáculo onde alumnado e profesorado disfrutamos ata o último acorde das súas cancións.

                                                          Pakolas

 

 

Galán na radio

O pasado venres estivo a nosa compañeira Mª Jesús Pombo López, coordinadora de Voz Natura, no programa de Radio Voz "Voces de Galicia". Podedes escoitar a entrevista premendo na imaxe e accedendo ao arquivo do venres 6 de abril; a entrevista comeza a partir do minuto 49:15.

                                                                                                                  VOCES DE GALICIA

 

X CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

                                                                     CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

RECITAL POÉTICO - DÍA DE ROSALÍA

Premede na imaxe para acceder ao vídeo do recital poético levado a cabo no colexio para celebrar o día de Rosalía de Castro.

                                                    ROSALÍA DE CASTRO

DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca do CEIP Galán organizan un concurso sobre Rosalía de Castro. Premede nas imaxes para acceder ao cuestionario e ao díptico que contén a información necesaria para responder ás preguntas.

  ROSALÍA DE CASTRO                          Cuestionario Rosalía

SAÍDAS E ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE

                         SAÍDAS

Distribuir contido


by Dr. Radut