Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Preparando o Samaín!

 

A vindeira semana celebraremos o Samaín.

O xoves 24 levaredes unha circular e tríptico informativo.

O luns 28 podedes traer cabazas os de E.Infantil, 1º, 2º e 3º.

O martes 29 podedes traelas os de 4º, 5º e 6º.

O mércores 30 veremos a exposición e levaredes as cabazas de volta para adornar as vosas casas.

 

ESPECTÁCULO POLICIAL NO COLISEUM

O pasado día 6 de xuño, todo o alumnado de 3º de Educación Primaria, foi ao Coliseum, onde a Policia Nacional fixo unha demostración dos recursos cos que conta e da maneira de actuar en determinadas situacións de perigo.

 

VISITA AO CONCELLO

Os alumnos e alumnas de 4ºEP visitaron o concello e celebraron un pleno co alcalde de Arteixo Carlos Calvelo, como si de verdadeiros concelleiros se tratasen.
Propuxeron formas para mellorar e cambiar as actividades extraescoleares do noso centro.
Foi todo un éxito!

SEMANA DE ACTIVIDADES INTERCULTURAIS

O martes 21 darán comezo no noso centro as actividades de interculturalidade para todo o alumnado, segundo o programa.

XORNADA DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO E FAMILIAS DE 6º DE E.INFANTIL.

O venres 10 de maio celebramos a Xornada de Acollida do alumnado que vén para 1ºde Primaria o vindeiro curso.

Asistiron os nenos e nenas  das Escolas de Infantil de Barrionovo e Vilarrodís coas súas mestras e familias, e tamén da gardaría Vagalume.

Esperamos que a actividade fose alegre e ilusionante para os nenos e nenas, e por suposto de achegamento ao que vai a ser o seu centro no mes de setembro.

O alumnado realizou na biblioteca do centro un debuxo, que se colgará no taboleiro do hall en setembro, se lles entregou unha camiseta, visitaron unha aula de primeiro, a aula de música, na que coñeceron a Sandra, a mestra de música e cantaron unha canción.

As familias tiveron información do centro da man da directora e xefa de estudos. E xa por último xuntámonos no comedor e pasamos todas e todos xuntos un intre en convivencia.

Foi unha xornada moi agradable. Agardámosvos en setembro!!!

 

SAÍDAS E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS - MAIO

 

Xoves 2/05/19  

- 6ºC e 6ºB de Educación Primaria: Biblioteca

- 5ºB e 5ºC de Educación Primaria: Autoridade Portuaria

Venres 3/05/19

- 4º de Educación Primaria: Correlingua

Luns  3/05/19 

- 6ºA de Educación Primaria: Biblioteca

- 4º de Educación Primaria: Reciben, no colexio, unha charla sobre como levan a cabo os plenos no Concello de Arteixo.

Martes  7/05/19

- 4º de Educación Primaria: Concello de Arteixo.

- 5º de Educación Primaria: Show Científico

Xoves  9/05/19

         - 5ºA de Educación Primaria: Charla e visita - Eroski

Martes 14/05/19

         - 3º de Educación Primaria: Sanifiesta - Eroski

Xoves  23/05/19

         - 5ºC de Educación Primaria: Charla e visita - Eroski

Xoves  30/05/19

         - 5ºB de Educación Primaria: Charla e visita - Eroski

CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

CORRELINGUA 2019

Este ano o alumnado de 4º de Educación Primaria participará, o próximo venres, 3 de maio, no "Correlingua 2019", actividade na que participa alumnado de varios centros da provincia de A Coruña.

O "Correlingua" é unha actividade que consiste na realización dunha andaina a prol do uso do noso idioma baixo o lema "O Galego é a fórmula", buscando a normalización da nosa lingua entre a mocidade e a infancia.

O alumnado partirá dende Riazor, percorrerá o paseo marítimo e chegará ata a Torre de Hércules pasando pola praza de España, acompañado polo seu titor/a. O percorrido ten unha distancia de 3 km.

Despois haberá un acto festivo, para finalmente xantar e ter un tempo de xogo.

O alumnado virá ao colexio no seu horario habitual. Saldrá as 10:15. As 16:30 recollerao o autobús e chegará ao colexio as 17:00 h.

Os nenos e nenas que teñan actividades pola tarde poden incorporarse a súa actividade. En caso de no ter, haberá que recollelos as 5 da tarde.

Os nenos e nenas que usen servizo de comedor, o servizo de catering prepararalles unha bolsa con comida.

Os autobuses costan 176€, polo que cada familia debe achegar 3€ para este gasto.

 

Esperamos que os rapaces e rapazas xunto cos mestres e mestras disfruten da xornada.

 

 

COMEZA O PERIODO DE PLANTACIÓN CON VOZ NATURA

 O alumnado  de 3ºB están a plantar pementos de Padrón.

 

 

O alumnado de 6º de Primaria plantou arandos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut