Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

AS POSTAIS SOLIDARIAS ATÓPANSE NA TENDA TRISCOS DE ARTEIXO.

 

TRISCOS: Av. del Balneario, 46, 15142 Arteixo, C

 

 

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Dentro do Plan de Autoprotección figura a realización anual dun simulacro de evacuación para practicar a evacuación total de todo o centro.

Actividade que nos facilita aprender as actuacións necesarias no caso de ter que proceder a unha evacuación "real".

Realizamos o simulacro o día 4 de decembro ás 11.00h da mañá. Saiu moi ben, o desaloxo de todo o centro durou cinco minutos.

O punto de encontro foi a pista polideportiva exterior ao lado do pavillón de Galán.

Colaborou persoal técnico, Policía Local e Protección Civil de Arteixo.

Participación da Universidade de A Coruña en obradoiros matemáticos

O luns 25 e o venres 29 de novembro, alumnado da Universidade de A Coruña xunto co seu profesorado, participou en talleres

matemáticos con tangrams e pentominós nas aulas de 3º e 4º de Primaria. Actividades dinámicas, manipulativas e de gran interese para

nenas e nenos!   

Moitas grazas!                          

MAGOSTO 2019

 

O pasado día 21 de novembro celebramos o Magosto. Contamos cun Castiñeiro que nos asou as castañas e comémolas disfrutando dun bo día. 

                        

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

SAMAÍN 2019

O día de hoxe, como todos os anos, celebramos o Samaín coa exposición de cabazas e a visita de Barrionovo ao noso centro.

 

 

 

O alumnado fixo un magnífico traballo.

Moitas grazas pola vosa colaboración e moitas grazas a Escola de Barrionovo pola súa visita.

Feliz Samaín!!  

 

Preparando o Samaín!

 

A vindeira semana celebraremos o Samaín.

O xoves 24 levaredes unha circular e tríptico informativo.

O luns 28 podedes traer cabazas os de E.Infantil, 1º, 2º e 3º.

O martes 29 podedes traelas os de 4º, 5º e 6º.

O mércores 30 veremos a exposición e levaredes as cabazas de volta para adornar as vosas casas.

 

ESPECTÁCULO POLICIAL NO COLISEUM

O pasado día 6 de xuño, todo o alumnado de 3º de Educación Primaria, foi ao Coliseum, onde a Policia Nacional fixo unha demostración dos recursos cos que conta e da maneira de actuar en determinadas situacións de perigo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut