Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

PARTICIPACIÓN NA CAMPAÑA DE NADAL" MÁSCARAS SOLIDARIAS".

O centro participa na campaña de Nadal " MÁSCARAS SOLIDARIAS " organizada polos comercios de Arteixo.

A actividade consiste en pintar máscaras. Son máscaras simbólicas, non levan os procesos de hixienización nin homologación para ser

consideradas equipos de protección. Estas máscaras estarán expostas nos distintos comercios de Arteixo. A actividade é igual que en

anos anteriores, consiste en intercambiar a máscara por alimentos para doar.

O equipo de actividades complementarias e extraescolares.

EXPOSICIÓN CABAZAS SAMAÍN 2020

Estimadas familias,

Deixamos o enlace para que poidades ver as cabazas feitas polo noso alumnado.

Esperamos que vos gusten.

SAMAÍN EN GALÁN

 30 DE OUTUBRO DE 2020. HOXE O MEDO SON EU!

Picade na cabaza para ver como imos celebrar este ano o SAMAÍN.

Máis actividades:

- Exposición de libros coa temática do Samaín na semana do 26 ao 30 de outubro.
- Exposición dos debuxos das mascotas, expoñendo o gañador e os “finalistas”, procurando que teñan representación todas as clases.

- Publicación do gañador ou gañadora no blogue da biblioteca e no taboleiro do centro.

Un saúdo

Equipos: Bibliteca, EACE e EDLG do centro.

VÍDEO DE DESPEDIDA DE FIN DE CURSO

Prezadas familias,

Deixámosvos un vídeo para despedir o curso. Agardamos que vos guste.

Bo verán e felices vacacións!

O Equipo Educativo do CEIP de Galán

PRESENTACIÓN IES DE PASTORIZA

No seguinte enlace tedes acceso a unha presentación que fai o IES de Pastoriza ás

familias do alumnado de novo ingreso.

Agardamos que vos sexa útil.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iespastoriza/node/900 

DESPEDIDA VIRTUAL DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ao non poder celebrarse o acto de despedida de 6º, como se veu facendo en cursos anteriores, queremos que teñades un pequeno recordo do voso paso polo colexio.

É un vídeo cheo de "maxia"  que recolle algunhas fotos da etapa de Primaria en Galán. 

Agardamos que vos guste. Desexámosvos o mellor!

Apertas virtuais!

O equipo docente de 6º do CEIP de Galán

Montaxe: Paco (mestre de E.F)

 CEIP de Galán

Xuño de 2020

AVISO: RECOLLIDA DE MATERIAL DEPORTIVO

Bos días,

trasladamos información sobre a recollida de material deportivo das actividades extraescolares de pola tarde.

Será o venres 5 de xuño en horario de 9.30 a 12.30 h

Lugar: Patio exterior.

Entrega:  Empresa Axiña.

Forma: A empresa contactará coas familias para concertar hora. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto con: actividades@axinasd.com

Grazas pola colaboración.

FROITOLIMPÍADAS

 

Premendo na seguinte imaxe podedes ver un vídeo sobre o traballo realizado polo alumnado dentro do programa "Aliméntate ben"

Distribuir contido


by Dr. Radut