Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

ENTROIDO 2022

OS MANDADIÑOS DO MECO

 

Luns que pereza!

Trae o pixama para

comezar a semana.

 

Martes, como o ves,

se traemos unha

prenda do revés?

 

O mércores, que emoción,

pon un zapato

de cada cor!

 

O xoves xa case é

festa, vén

rechamandeiro dos

pés a testa.

 

O venres para gozar,

trae o disfrace

    e ganas de bailar.

Programa de Lingua Árabe e Cultura Marroquí ( PLACM )

O programa de ensinanza da Lingua Árabe e Cultura Marroquí (PLACM) está establecido ao amparo do vixente Convenio de Cooperación Cultural entro o Goberno de España e o Goberno do Reino de Marrocos.

Este programa vai dirixido ao alumnado marroquí escolarizado nos centros educativos de primaria e secundaria.

Entre os obxectivos cabe destacar fomentar a educación intercultural, a inclusión escolar e sociocultural deste alumnado no Sistema Educativo Español e na sociedade española dende unha perspectiva educativa intercultural.

No noso centro as clases comezarán o día 10 de febreiro e impartiranse os xoves de 16.00 a 18.00 horas.

 

 

COMEZAMOS CO REPARTO DE LEITE NA ESCOLA

O luns 31 de xaneiro, comezamos coa primeira quenda de

reparto de leite na escola.

 As nosas mascotas leiteiras Galana e Blasa.

 

Colaboran as nenas e nenos de sexto de primaria no seu reparto.

 

 

REMATAMOS A PRIMEIRA QUENDA DO REPARTO DE FROITA

 

No CEIP de Galán, a partires do luns 17 de xaneiro comezou o reparto de froita gratuíta entre o alumnado para facer unhas xornadas de degustación e así fomentar hábitos de alimentación saudable.

Na primeira quenda repartíronse kiwi, laranxa, mazá, uva,

plátano, melón, mandarina, arandos e pera. Sendo un

auténtico éxito de participación do alumnado tanto na     

degustación das froitas como no proceso de reciclaxe

dos restos orgánicos das mesmas.

A partires do luns 31 de xaneiro, a froita dará paso ao

reparto de leite que terá unha duración de 20 días lectivos.

Neste caso, repartirase dentro do horario escolar, un cartón

de 20 ml de leite.

Pretendemos con esta actividade, subvencionada polo Fogga (Pertencente ao Fondo Galego de Garantía Agraria), fomentar unha alimentación sá e saudable dentro do noso entorno educativo

Chegada a hora do recreo escóitase ás mestras e mestres dicindo : Próbao... só un pouquiño, e despois se non che gusta... non o tomas....

Nunca deixamos de aprender!!!

SESIÓNS FORMATIVAS SOBRE REDES SOCIAIS

Estimadas familias,

o alumnado de 4º, 5º e  6º de educación primaria terá unha sesión  formativa ao longo da xornada lectiva sobre redes sociais e internet impartida por persoal formador do Plan Director da Garda Civil os días 19 e 20 de xaneiro.

Un cordial saúdo

O equipo directivo

 

DISTRIBUCIÓN DE FROITA DE TEMPADA AO ALUMNADO

A partires do luns 17 comezaremos co primeiro período de  reparto

de froita  entre o alumnado. A súa degustación será na hora do recreo.

O centro participa na convocatoria de axudas de froita e leite escolar para o curso

2021/2022 do programa do FOGGA ( Fondo Galego de Garantía Agrario)

As froitas que se repartirán son:

Luns 17, mazá 

Martes 1, pera

Mércores 19, melón 

Xoves 2, granada

Venres 21, uva blanca sen pepitas

Luns 24, plátano

Martes 25, laranxa

Mércores 26, kiwi

Xoves 27, arandos

Venres 28, mandarina

Fomentamos hábitos saudables!

Distribuirase tamén leite en dúas quendas. Iremos informando.

Moitas grazas pola colaboración.

O profesorado do centro.

Achegamos a  AUTORIZACIÓN  no adxunto para a súa descarga e entrega de ser necesario.

A SAN SILVESTRE CHEGOU A GALÁN

 

 

 

 

FELICITACIÓN DE NADAL

CALENDARIO 2022

Facilitamos o calendario 2022, elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coas fotografías que nos achegastes as familias, calendario que podedes descargar e imprimir.

VÍDEO "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"

 Neste vídeo o alumnado do CEIP de Galán canta e baila a seguinte canción para felicitarvos as festas.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut