Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

FELICES FESTAS

PUBLÍCANSE OS COMERCIOS DAS POSTAIS SOLIDARIAS

No adxunto podedes ver os comercios onde están as postais do alumnado de Galán.

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade con Silvia Penide

Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de decembro e dentro do Proxecto Anual de Centro, recibimos na nosa escola e na nosa BiblioGalán a visita da cantautora e escritora Silvia Penide, na que presentou ao alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria o seu marabilloso libro Diferentes diferenzas.

Toda a información no noso blog  BIBLIOGALÁN

 

PLAN DIRECTOR 3ª SESIÓN

O alumnado de 5º e 6º, a día de hoxe,  recibiu a terceira e última sesión formativa do Plan Director sobre as temáticas de alcol e drogas, impartidas por persoal da Garda Civil. 

 

SESIÓN DE REMO

Hoxe, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de participar nunha sesión sobre "Remo" organizada polo equipo de Educación Física.

Deixamos algunhas fotos.

 

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA: 2ª SESIÓN FORMATIVA

O luns 28 de novembro persoal da Garda Civil impartirá unha sesión formativa sobre Acoso Escolar e Violencia de Xénero ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

2º CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA

AS FOTOS DA ACTIVIDADE ESTÁN NA GALERÍA, PICADE NA PARTE SUPERIOR DESTA PÁXINA

O venres 25 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero

 2ª Campaña de Vacinación Contra a Violencia de Xénero

Este curso entregarase ao alumnado unha pulseira de cor morado co eslogan

"En Galán, Respecto"

Contaremos con dous profes que farán de persoal sanitario, visitando as aulas e facendo entrega do lazo.

Na entrada do centro, está exposto un mural representativo, elaborado polo noso alumnado, con diferentes frases en contra da violencia que serviron de referencia para elaborar a pulseira.

 

FOMENTANDO O BENESTAR EMOCIONAL

Distribuir contido


by Dr. Radut