Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

FOMENTANDO O BENESTAR EMOCIONAL

FORMACIÓN. Como é un implante coclear?

No día de hoxe, continuando coas nosas actividades do Proxecto Intercentros, Activos pola Inclusión,tivemos a sorte de contar con Jose, que nos falou, da súa propia experiencia persoal.

Moitas grazas, Jose!

 

Ligazón a BiblioGalán

OS DEREITOS DA INFANCIA NO CEIP DE GALÁN

 
Coincidindo coa celebración do Día da infancia o 20 de novembro o alumnado do CEIP de Galán, concretamente o segundo curso de primaria decidiron realizar un vídeo mediante o cal concienciarnos e reivindicar os dereitos fundamentais dos que deberían gozar todos os nenos e nenas.
Estes dereitos constitúen unha serie de normas xurídicas que teñen por finalidade última a súa protección, deberían ser inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.
Coa realización desta actividade e a súa visualización nos diferentes cursos o noso alumnado foi capaz de achegarse á realidade que viven moitos nenos e nenas como eles ao redor do mundo e cuxos dereitos en ocasións ven vulnerados.
A sociedade debemos traballar unida para que o noso futuro, a infancia, creza nun mundo o máis xusto e íntegro posible, concienciándonos da importancia de respectar e amar ás futuras xeracións.
AQUÍ VOS DEIXAMOS O VÍDEO

MAGOSTO 2022

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

O venres 11 de novembro celebramos o Magosto. Houbo castañas asadas para todo o alumnado. Degustáronas á hora do recreo, un recreo máis longo, dunha hora de duración, onde puideron coller as castañas que repartían "os castañeiros e castañeiras", comelas, merendar e tamén xogar, pasando un día divertido.

O grupo de pandereteiras e pandereteiros, alumnado do centro, tocaron dúas pezas polo Magosto. A primeira, Pasodobre de Golmar  (Laracha); a segunda Rumba de Trasmonte (Santiago). Foi moi divertido escoitalos e ver como tocaban mentres comían as castañas.

O alumnado de infantil contou cuns axudantes especiais, o alumnado de sexto de primaria, que o fixeron moi, moi ben, axudando aos máis pequenos. Parabéns!

Grazas ás familias pola colaboración para o magosto, traendo as castañas, a leña e as cestiñas. Moitas grazas!

Contamos cunha nai e cun pai, Vanesa e Albano, que nos axudaron no magosto, moitisímas grazas!                                             

 

SESIÓN DE BUXAINAS

O alumnado e profesorado do noso centro tivo a sorte de presenciar, grazas á organización do profesorado de E.F, dunha exhibición de buxainas a cargo de Omar Pule. 

 

 

EXHIBICIÓN DE TROMPOS. POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

O  xoves 10 de novembro o alumnado do CEIP de Galán asistiu no patio exterior do colexio a unha exhibición de xogos e trucos con trompos. Os máis pequenos, os de infantil, tamén baixaron ao patio e disfrutaron deles, pero tiveron uns acompañantes estupendos, os alumnos e alumnas de 5º de primaria, que lles axudaron no desprazamento xunto co profesorado. Fantástico!

Poideron visualizar como facer o búmeran, o helicóptero, o ascensor, a pista de Fernando Alonso, o Panchito cruzando a fronteira e moitos máis.

Participaron algúns alumnos e alumnas xogando co trompo seguindo as indicacións de Miguel, a persoa que realizou a exhibición de trucos cos trompos.

Gañaba o neno ou a nena que conseguía que o trompo estivera xirando máis tempo. Entregábaselle un trompo de premio. Participaron os mestres e as mestras tamén.

Unha experiencia xenial, os trucos eran impresionantes... foi un día moi divertido!

                                               Alumnado de 6º A

 

ACTIVIDADE CON TROMPOS

Estimadas familias,
o vindeiro xoves día 10 está programada unha actividade con trompos dende o departamento de educación física.
Hai un refrán que di " Polo San Martiño, trompos ao camiño", que traducido ao castelán sería, por "San Martín, peonzas al camino".
Queríamos facervos chegar que se tedes algún trompo na casa  que o traian o xoves para facilitar a realización da actividade. Imos ter trompos pero así chegarían para máis alumnado.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Departamento de E. Física

MAGOSTO 2022!

Estimadas familias,
o vindeiro venres día 11 celebraremos a tradicional festa do Magosto, onde asaremos castañas para todo o alumnado do centro.
Este curso, despois destes anos de pandemia, queríamos contar coa participación das familias para axudar a asar as castañas. Se algunha familia pode, con dúas ou tres persoas sería suficiente, contactade co centro e organizamos.
O alumnado leva un díptico do Magosto, nel pídese que as nenas e nenos traían unha presa de castañas picadas e un cestiño feito de briks para botalas, á vós, ás familias, algo de leña, unha pouca, para axudar a facer as brasas. Podedes traela ao centro cando vos veña ben en horario de mañá ou de tarde.
O colexio conta cunha plancha furada para asalas. Dicirvos tamén que o centro colleu unhas poucas castañas a maiores para que cheguen para todos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Un saúdo
O equipo directivo

ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA

Hoxe, dúas traballadoras da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) trouxéronnos unha historia na que Mireia, dos Bolechas, nos falan desta discapacidade.

https://bibliogalan.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut