Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

LETRAS GALEGAS DENDE INFANTIL

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE TEATRO. CERTAME DE TEATRO ESCOLAR

 

O Concello de Arteixo nos traslada que,

o vindeiro xoves día 2 de xuño o alumnado da actividade extraescolar de teatro vai realizar unha representación no certame de teatro escolar no IES Rosalía Mera, ( antigo Calvo Sotelo)

A saída do centro está prevista para as 15.30 horas. Contan con autorización de todas as familias para a participación no certame. 

Un total de oito alumnos e alumnas do centro participan nesta actividade.

PARABÉNS!

COMEZAMOS CO SEGUNDO PERÍODO DE REPARTO DE FROITA

O vindeiro mércores 1 de xuño, comezamos co segundo período de reparto de froita na escola.

Que degustarán? sandía, framboesas, nísperos, albaricoques, cereixas, pexegos, amorodos,

uvas, nectarinas e melón.

É imprescindible traer a autorización asinada para poder participar.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ANIMACIÓN Á LECTURA NA BIBLIOTECA DE ARTEIXO

O alumnado de educación primaria participa durante todo o mes de abril nas actividades de animación á lectura na biblioteca Henrique Rabuñal do Concello de Arteixo.

O alumnado de educación infantil asistirá á biblioteca de Oseiro, Dora Vázquez.

A actividade é con cada grupo dos diferentes niveis en horario de mañá. O transporte é gratuíto, corre a cargo do Concello.

DÍA DA ÁRBORE, ALUMNADO DE SEXTO

Na galería tedes unha pequena exposición de imaxes da actividade do Día da árbore 2022 co alumnado de 6º de educación primaria.

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O martes 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller con varias actividades no

centro.

Na Galería están colgadas as fotos das actividades realizadas.

MEGAFONÍA DO CENTRO CON MÚSICA SOBRE A PAZ

Estimadas familias,

durante todo o mes oíremos na megafonía do centro ás entradas e saídas cancións como:

Somos el mundo, (versión en castelán de We are the world). Para as entradas.

Contágiame tu paz, de Unai Quirós. Para os recreos.

Tal vez, de Nill Moliner. Para as saídas.

Terra, de Tanxugueiras para a última saída de comedor.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Distribuir contido


by Dr. Radut