Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

SAMAÍN 2021

Podedes ver no adxunto o díptico,

Samaín 2021. Volven as cabazas ao CEIP de Galán!

As cabazas entregaranse desde o luns 25 ata o xoves

28 nas titorías. Cada titoría baixará as súas á exposición.

As cabazas recolleranse o martes 2 de novembro.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdo

O profesorado do centro

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos curso 2021-2022.

O CEIP  de Galán participa un curso máis nas actividades do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Este curso comezamos coas sesións formativas e informativas dentro do horario lectivo nas datas que a continuación detallamos:

23 e 24 de novembro de 2021, para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, coa temática Acoso Escolar

19 e 20 de xaneiro de 2022, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Temática: Uso das novas tecnoloxías, internet e redes sociais.

As charlas son impartidas  por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Se picades na imaxe atoparedes información sobre o Plan dirixido ao alumnado.

Concretaremos datas, se a situación sanitaria o permite, de sesións formativas dirixidas ás familias en colaboración coa ANPA do noso centro.

Un saúdo

O equipo directivo

PROGRAMA DE NATACIÓN ESCOLAR. CONCELLO DE ARTEIXO

Envíase información da Concellería de Deportes do Concello de Arteixo,

Con motivo do comenzo do novo curso escolar nos centros escolares de primaria de Ponte dos Brozos, Arteixo, Galán e Meicende, desde a Piscina Municipal ofértase a actividade de natación escolar a todos aqueles alumnos de ensinanza primaria que estean interesados. Todos os interesados poderán inscribirse na recepción da piscina municipal de Arteixo nos días que lles corresponda ao seu centro. Prazas limitadas por riguroso orde de inscripción. O importe da actividade é de 25,28€ abonados/sócio e de 50,56€ eventuais por curso (8 meses, dende Outubro ata Maio).

O prazo de inscripción comprende:

  • Escolas unitarias: desde o luns 27 ata o xoves 30 de setembro
  • CEIP Ponte dos Brozos: desde o luns 27 ata o xoves 30 de setembro
  • CEIP Arteixo: dende o mércores 23 ata o domingo 26 de setembro
  • CEIP de Galán: dende o luns 20 ata o mércores 22 de setembro
  • CEIP San Xosé Obreiro: dende o venres 17 ata luns 20 de Setembro

 O importe é 25,28€ / tempada para socios e abonados e, 50,56€/ tempada para eventuais (a tempada son 8 meses, dende Outubro ata Maio, seguindo o calendario escolar).

Esta actividade desenvolverase 1 día á semana durante 45 minutos. Os horarios dispoñibles son:

  • CEIP de Galán (Servizo de transporte incluído)

          • Luns ou martes ás 16.45 h
          • Os nenos/as terán servicio de transporte para esta actividade, nos horarios e paradas que lle serán dados na piscina municipal


    A actividades está dirixida a alumnos de ensinanza primaria. Prazas limitadas por riguroso orden de inscrición

    Para mais información e inscricións diríxanse á recepción da Piscina Municipal ou no teléfono 981633444.

CÓMIC 4ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

NOTICIERO 4ºA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Actividade para a comunidade educativa. Xogo virtual: E ti, que sabes de igualdade?

Estimadas familias,

o centro participará con algúns cursos de Primaria na actividade, Xogo virtual "E ti, que sabes de igualdade?" É  un test lúdico de 30 preguntas impulsado polo Centro de Información ás Mulleres (Concello de Arteixo) co obxectivo de reforzar os coñecementos en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.

Desde o centro animamos tamén ás familias e ao resto da comunidade educativa a superar este reto.

Moitas grazas!

Un saúdo,

O equipo de Convivencia do CEIP de Galán.

EN GALEGO, EN GALÁN

POÑENDO "A PUNTO" O HORTO

 

PARABÉNS AO ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E IMAXE

O luns día 15 de marzo recibiron o premio unha alumna e dous alumnos do noso centro, das clases de 6ºC, 5ºC e 5ºB pola súa participación no concurso do CIM de Arteixo. O premio foi entregado pola Concelleira Inés Ramos no Centro Tecnolóxico.

OS NOSOS PARABÉNS!

 

Fotografía de Isaac Bello Souto ( 5º B)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por orde de imaxes: Sabela (6º C), Yeray (5º C) e Isaac (5º B)

 

Co premio de esquerda a dereita: Yeray, Sabela e Isaac.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut