Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

VÍDEO "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"

 Neste vídeo o alumnado do CEIP de Galán canta e baila a seguinte canción para felicitarvos as festas.

 

 

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL 2021!

Actividades programadas

Intercambio de postais de felicitación por aulas.

Villancico de Nadal, All I Want for Christmas is you, de Mariah Carey.

Luns día 20,

I Día do Xersei Navideño. O alumnado que o desexe acudirá ao centro cun xersei de temática navideña. Non é preciso mercar nada, podedes poñerlle decoracións que teñades pola casa.

Carreira de San Silvestre de Barrigudos para educación infantil, 1º e  2º .

Martes día 21,

Lotería de Nadal de Galán para todo o alumnado.

Visita do Carteiro Real para educación infantil, 1º e 2º de 10.00 h a 14.00 h. no salón de usos e por aula.

As 12 badaladas de fin de trimestre á hora do recreo para todo o centro. O recreo será dunha hora.

Carreira de San Silvestre de Barrigudos para 3º, 4º, 5º e 6º.

 

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares

Establecementos das postais solidarias

 

Picade aquí para acceder ao documento

PARTICIPA NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO DO CEIP DE GALÁN 2022

 

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) do centro envíavos a proposta da actividade: Elaboración conxunta dun calendario do CEIP de Galán do 2022, centro-familias.


Para a elaboración pedímosvos que saquedes unha foto paisaxística da zona na que vivides ou dalgunha parroquia dos arredores e a enviedes 
antes do 10 de decembro a: engalego@ceipgalan.org indicando: nome, curso e zona da que se trata.


Entre todas as recibidas seleccionaremos 12 imaxes que conformarán o almanaque de

Galán 2022.

Moitísimas grazas,

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

OS DEREITOS DA INFANCIA

 

Vídeo realizado co alumnado de educación infantil do noso centro. Agardamos que vos guste.

A comisión de convivencia

O NOSO MURAL DO 25N

UN DÍA MOI ESPECIAL! 25 N CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA.

Co gallo da celebración do 25 N, Día Internacional contra a violencia de xénero, no CEIP de Galán o xoves 25 levouse a cabo a CAMPAÑA DE VACINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA.

Todo o alumnado dende educación infantil ata sexto de educación primaria quedou vacinado contra a violencia de agora en adiante para actuar con  tolerancia e respecto cara aos demais.

As persoas responsables da vacina foron a mestra Loli, “ Xefa de enfermería”, e o mestre Miguel, “ Técnico auxiliar”  quenes pasaron a vacinar polas aulas.

A vacina consistiu na entrega dun lazo de cor morado a cada alumna e a cada alumno xunto co certificado da vacina que levaron ás súas casas.

 

A medida que se iban vacinando o alumnado solicitaba: Quero a receita da vacina, por favor, para levarlla á miña familia!

Os nenos e nenas desfrutaron do día cunha vacina diferente a que están acostumados.

Un día especial construíndo unha mellor convivencia!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SESIÓNS FORMATIVAS E INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE 5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Datas:

23 de novembro, para o alumnado de 5º de educación primaria.

24 de novembro, para o alumnado de 6º de educación primaria.

Horario: de 9.00 a 11.25 horas, unha sesión por curso.

A temática, Acoso Escolar, impartida por persoal experto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Celebramos o Magosto

 

Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di

o refrán.

 

Na súa orixe, o magosto era unha festa en torno ao lume e as castañas

asadas coa que os galegos e galegas honraban as colleitas.

O lume nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir

contos e lendas antigas. O magosto tradicional enténdese como unha

merenda, a base de castañas asadas, que se celebra no mes de novembro,

entorno a data do San Martiño. Encéndese o lume ata facer brasas, enriba

póñense parrillas furadas e ás castañas dánselles voltas cun pau ata que

están ben asadas.

E en Galán, o venres 12 de novembro, os participantes do magosto

foron os nenos e nenas desde cuarto de infantil ata sexto de primaria,

quenes disfrutaron do día tomado as castañas, en grupo-clase, á hora do

recreo, un recreo especial porque foi ademais máis longo. Non houbo

xogos coas castañas como outros cursos por protocolo Covid pero aínda así

degustaron as castañas que asaron os mestres e mestras Sandra, Miguel,

Paco e Miriam.

Toda unha organización: parrilla, leña, lume, castañas, traxes de

castañeiras e castañeiros, cestiños para botar as castañas e as tonas,

cucuruchos de papel par encher de castañas, moita, moita alegría ... e un

día estupendo!

Os nosos nenos e nenas pasárono moi ben e as castañas estaban  boísimas!

 

Un día especial e diferente no CEIP de Galán!

 

Moitas grazas ás familias porque fixeron posible tamén o Magosto!

Aquí tedes unhas fotos de mostra

 

     

 

Magosto, venres 12 de novembro

Picade aquí para ver o díptico do MAGOSTO 2021.

 

Moitas grazas pola leña que nos trouxestes!

 

O equipo de EACE

Distribuir contido


by Dr. Radut