Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do Libro, deixamos uns enlaces para que disfrutedes de lecturas en familia. Só tedes que picar nas imaxes.

       

 

Celebramos o Día de Rosalía

02.03.2020 | 22:55

Representación realizada no centro escolar de Galán. La Opinión

Con motivo do Día de Rosalía, o centro escolar de Galán organizou un encontro co alumnado da parroquia de Oseiro, ponde naceu Manuel Murguía, marido de escritora. Foi un encontro onde una persona caracterizada como Rosalía de Castro levou o seu espectáculo Tecín soia a miña tea e fixo un repaso pola súa biografía e obra. Os asistentes recitaron os seus versos e demostraron o que sabían da súa vida, aínda que tamén lle fixeron preguntas e coñeceron moitas curiosidades que a poeta lles contou. Houbo representación teatral, dramatización da súa obra e participación do alumnado. Na última sesión estaba o grupo de tres aniños que recitou en grupo Adiós ríos, adiós fontes e Airiños, airiños, aires.

Publicouse no xornal La Opinión.

 

https://fotos01.laopinioncoruna.es/2020/03/02/328x206/o-centro.jpg

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro tivemos o tradicional desfile de Entroido.

O percorrido foi ata a rotonda de Oseiro e volta ao colexio.

Antes do desfile fixemos unhas fotos  para retratarnos.

Os disfraces que levamos foron relacionados cos xogos olímpicos

2020.

Fomos en grupos comezando polos máis pequenos e pequenas,  o

alumnado de Educación Infantil e despois os de Primaria, fixemos

o desfile ao son de música e ruído. Pasámolo moi ben!

As nosas familias viñeron a vernos.

A Policía Local de Arteixo axudounos para que non houbera ningún

coche durante o desfile.

 

OBRADOIROS DE IGUALDADE

Esta semana estasen a desenvolver Obradorios, por parte do Concello de Arteixo, para educar na igualdade, en todos os cursos do centro.

TALLERES DE IGUALDADE

 A semana do 3 ao 7 de febreiro todo o alumnado de E.I e E.P realizará talleres de igualdade nas aulas.

Actividade complementaria organizada polo Concello de Arteixo.

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA NOS CENTROS

Os días 20, 21 e 22 de xaneiro de 2020 os alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria terán

sesións formativas sobre:

Redes Sociais, Acoso Escolar, Igualdade e Drogas.

Imparte: Persoal da Garda Civil. Plan Director para a convivencia nos centros educativos.

FESTIVAL DE NADAL

O día 20 de decembro celebramos no colexio o Festival de Nadal. Adxuntamos o programa das actuacións do alumnado.

Educación Infantil: Navidad Rock

1º de Educación Primaria: A luz do Nadal

2º de Educación Primaria: Llega la Navidad

3º de Educación Primaria: Es Navidad

4º de Educación Primaria: O Apalpador

5º de Educación Primaria: Te regalo una sonrisa Feliz

6º de Educación Primaria: Feliz Navidad te deseo cantando

4º, 5º e 6º xuntos: Hecho con tus sueños!

O DÍA 17 DE DECEMBRO VISITA DO CARTEIRO REAL

O día 17 de decembro o Carteiro Real visitou as aulas de infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut