Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

CONMEMORACIÓN 8M: MULLERES DE GALÁN

ALUMNADO FINALISTA DO CERTAME HOMENAXE, ROSALÍA DE CASTRO

Contamos con catro finalistas do certame de poesía en homenaxe a Rosalía de Castro.

Moitos parabéns!

Aviso: Deberán achegarse á Biblioteca Central, no Centro Cívico Cultural, o sábado día 4 de marzo ás 11:30  para dar lectura á súa poesía para que o xurado elixa os premios principais e o Primeiro premio global.

 Ligazón á páxina de Bibliotecas.

https://palabradebiblioteca.wordpress.com/2023/03/06/celebracion-do-certame-poetico-homenaxe-a-rosalia-de-castro/

11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NA CIENCIA

 

 

 

  

 

 

 

                                                                   ADIVIÑAS

 

 

Moitas grazas ao alumnado de 4º, 5º e 6º polo seu esforzo e traballo.

OBRADOIRO: CONSELLOS PARA UN ENTROIDO SEGURO E SEN RISCOS

Obradoiros sobre “Consellos para un entroido seguro e sen riscos” no CEIP de Galán.

O pasado luns 6 de febreiro os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria realizamos unha actividade proposta pola Xunta por medio do Instituto Galego do consumo que consistiu na realización de obradoiros sobre “Consellos para un entroido seguro e sen riscos”.

Entre outras cousas aprendemos como previr riscos nos nosos traxes e complementos de entroido, coñecemos o etiquetado destes produtos, e déronnos consellos moi interesantes para gozar ao máximo desta festividade.

Ademais de isto con axuda dos profes, das profes e monitores elaboramos unhas máscaras moi lucidas que poderemos empregar nesta festa popular.

Xa estamos preparados para gozar do Entroido e dos nosos traxes con seguridade e sen riscos!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

MANDADIÑOS DO MECO

XORNADA DE CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O centro organiza unha xornada de convivencia  o luns día 6 de febreiro en horario de tarde. Temos como obxectivo facer do noso cole un entorno o máis bonito e agradable posible para os nosos nenos e as nosas nenas e queremos contar con toda a comunidade educativa que queira participar con nós.

A xornada de convivencia consiste nunha xuntanza no patio do colexio e entre todos e todas  decorar os patios, repasar os debuxos existentes, pintar un muro do horto, pintar o banco da amizade, restaurando as pinturas que xa están e poñendo un pouco de color nalgún dos outros muros.

A actividade desenvolverase de 16.00 a 18.30 horas, todos os nenos e nenas acompañados de pais, nais, irmáns….que queiran e poidan, poden achegarse ao centro. O alumnado estará encantado. Eles e elas mesmos foron quenes propuxeron como lles gustaría que estivese o patio.

A ANPA Manuel Murguía do noso colexio colabora nesta actividade. Actividade que ten como finalidade o achegamento do centro ás familias e as familias ao centro. Haberá un chocolate ao final da xornada.

 

Moitísimas grazas!

UNHA VETERINARIA NO RURAL

 

UNHA VETERINARIA NO RURAL

 

O venres día 27 de xaneiro, visitou o noso cole María Álvarez Rey,  unha veterinaria que nos ensinou como é o seu día a día no seu traballo no rural.

María traballa para un grupo de veterinarios, que se encargan do coidado e saúde dos seus animais, principalmente das vacas.

Aproveitamos a súa visita para aprender máis sobre as vacas, a súa fisionomía, os seus coidados, os tipos de vacas, cachenas ou frisonas, a producción do leite e moitas máis cousas...

A que non sabedes como se pode saber os anos que ten unha vaca? E sabedes que todas as vacas teñen un nome e que os gandeiros e gandeiras coñecen polo nome a todas as vacas da súa granxa?

E que as vacas non teñen nin un, nin dous, nin tres...teñen catro estómagos. Son animais herbívoros e rumiantes. Só teñen os dentes de abaixo.

Pois María contounos estas e máis cousas... Que ben o pasamos!

 

Mil grazas María, pola túa simpatía e por todo o que aprendemos hoxe!

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria

REPARTO DE LEITE NA ESCOLA

Estimadas familias:

A partires do martes 31 de xaneiro comezaremos co programa de Reparto de leite na escola que

terá unha duración de 20 días lectivos, é dicir, ata o 3 de marzo. O reparto consiste nun brick de

20 ml. de leite galega ao día, por neno ou nena.O leite, ao igual que a froita, é totalmente gratis.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut