Skip to Content

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Dentro do Plan de Autoprotección figura a realización anual dun simulacro de evacuación para practicar a evacuación total de todo o centro.

Actividade que nos facilita aprender as actuacións necesarias no caso de ter que proceder a unha evacuación "real".

Realizamos o simulacro o día 4 de decembro ás 11.00h da mañá. Saiu moi ben, o desaloxo de todo o centro durou cinco minutos.

O punto de encontro foi a pista polideportiva exterior ao lado do pavillón de Galán.

Colaborou persoal técnico, Policía Local e Protección Civil de Arteixo.



story | by Dr. Radut