Skip to Content

ACTIVIDAES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

PROXECTO ENKI

O pasado venres 16 de decembro o alumnado de 6º de Primaria participamos nun proxecto de sensibilización que achega o deporte adaptado como medio de integración e que se está a traballar dende o Concello de Arteixo, Repsol e a Fundación Abrente: "O PROXECTO ENKI". Gustaríanos compartir a nosa experiencia.

A xornada tivo unha duración aproximada dunha hora e media e levouse a cabo no pavillón do noso colexio. A actividade desenvolveuse en tres fases, coa participación de deportistas con diversidade funcional de recoñecido prestixio: Ángel López Fernández e Iván Montero Ferreiro.

  • Fase de apertura da xornada: explicación e presentación sobre a diversidade funcional e como o deporte actúa como medio de integración social. Coñecemos o deporte adaptado?
  • Fase de actividades deportivas e circuítos "Ponte no seu lugar":aprendemos a empatizar coas persoas con diversidade funcional, comprobando por nós mesmos/as as dificultades que poden existir de accesibilidade no medio. Realizáronse rotacións duns vinte minutos polas diferentes actividades: circuíto en cadeira de rodas, handbikes de competición e paseo, fútbol a cegas e  baloncesto en cadeira.
  • Fase de historias de superación: a xornada rematou cunha recollida de impresións conxunta sobre as dificultades observadas, o goce da xornada e a concienciación e recolleita de valores.

Queríamos mandar un saúdo a todo o equipo que visitou o noso centro e que nos regalou esta marabillosa experiencia. Moitas grazas, en especial, aos dous deportistas Iván e Iago; grazas pola vosa colaboración pero sobre todo, grazas por deixarnos coñecer máis sobre as vosas historias persoais e de superación, sodes un exemplo a seguir.

Hai máis fotos na galería.

 

               

               

XUNTOS POR UN NADAL SOLIDARIO

                                             ARTEIXO CCA

Estimadas familias:

Comunícaselles que as postais solidarias do Nadal están expostas no seguinte comercio:

PRATOS ROTOS

PASEO DO BALNEARIO Nº8 BAIXO

ARTEIXO

SAMAÍN 2016

Un ano máis celebramos no colexio o Samaín. O martes 25 empezou o alumnado a traer as cabazas elaboradas na casa coa colaboración das familias. Entregouse a cada participante un agasallo modelo Samaín 2016.

Ao longo de toda a semana proxectáronse vídeos sobre o Samaín na Sala de Audiovisuais.

Ademais, o profesorado decorou a planta baixa do colexio con motivos horripilantes elaborados polo alumnado.

Para rematar a semana, o xoves apagáronse as luces do recibidor e prendéronse as candeas das cabazas. Ese día recibimos a visita do alumnado da escola infantil de Barrionovo.

Podedes ver no Vídeo as cabazas máis aterradoras de Oseiro!

Materiais - Samaín 2016

A continuación podedes acceder aos materiais do Samaín para Infantil e Primaria; materiais elaborados polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do colexio Galán e do colexio Eusebio da Guarda e polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do colexio Galán:

                                                           SAMAÍN 2016

As Nosas Cousas

                                                 AS NOSAS COUSAS

Festival Fin de Curso

Para ver todos os vídeos das diferentes actuacións do festival de fin de curso premede AQUÍ.

"Toca disfrutar!".

Festival Fin de Curso

O mércores 22 de xuño celebrouse no colexio o festival de fin de curso con actuacións dos diferentes cursos de infantil e primaria. Para ver as fotos premede AQUÍOs vídeos estarán dispoñibles ao longo desta semana.

Queríamos darlle as grazas a Mariña por compartir con nós as súas fotos e vídeos.

                                            FESTIVAL FIN DE CURSO

VIII CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES EN FAMILIA

Premede na imaxe para ver as bases do "Concurso de narracións breves" organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A data límite para participar é o 8 de abril.

                                                   

Fotos Entroido 2016

Xa están na "Galería" as fotos do entroido.

VISITA DUN FELO DE MACEDA

O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.

Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.

Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!

Máis fotos na Galería.

                                                                

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut