Entroido 2013
Con motivo da celebración do Entroido, o pasado venres 8 de febreiro levouse a cabo un desfile no pavillón de deportes do colexio. Tanto o alumnado de infantil e primaria como parte do profesorado ensinaron os seus disfraces ao son da música.
Este ano tratouse de representar diferentes épocas da historia; houbo exipcios, romanos, damas e cabaleiros da idade media, mulleres e homes elegantes dos anos 20, hippies dos 60 e seguidores do movemento punk de mediados dos 70...
Ademais, ao longo da semana fixéronse os Mandadiños. Cada día vimos ao colexio adornados dun xeito determinado, sendo os adornos acumulativos.
As fotos están na Galería.