Skip to Content

Superfestival de Fin de Curso

O pasado día 21 de xuño celebrouse no colexio o festival de fin de curso. Sobran as palabras, así que vos deixamos unha ligazón onde podedes ver anacos da celebración.

Feliz verán a todas e todos!

Podedes ver o vídeo aquí.

Revista curso 2012/2013

Letras Galegas en Galán (2013)

Os pasados días 15 e 16 de maio celebráronse no colexio diversos festivais por mor da celebración do Día das Letras Galegas.

Houbo teatro, música, poesía, contos...

      

A continuación enumeramos as diferentes actuacións:

Semana Multicultural 2013

Na semana do 13 ao 16 de maio leváronse a cabo no colexio diferentes actividades para dar a coñecer ao alumnado aspectos diversos das culturas dos países de orixe dalgúns e dalgunhas compañeiros/as.

                  

Algunhas actividades desenvoltas gracias á colaboración de toda a comunidade educativa (alumnado, nais e profesorado) foron as seguintes:

  • Xogos multiculturais nas sesións de educación física.
  • Charlas a cargo do propio alumnado sobre a cultura xitana e a cultura rusa.
  • Exposición de instrumentos musicais elaborados polo alumnado.
  • Realización de cancións e bailes de distintos continentes na aula de música.
  • Taller de Henna a cargo de nais de alumnado do colexio.
  • Charla sobre a cultura árabe a cargo do profesor de árabe.
  • Charla sobre escritura árabe.

As fotos están na Galería.

Servizo madrugadores

O centro xa conta  co servizo de madrugadores de luns a venres dende as 7:30 horas da mañá.  Pode ser con almorzo ou sen el. Organiza a Asociación de Nais e Pais do colexio. 

 

Criterios xerais de admisión de alumnado

De conformidade co disposto no artigo 9º 3. i) do Decreto 254/2012 ( DOG do 26 de decembro), por criterios complementarios, este centro concede 1 punto por petición en primeiro lugar de centro público na solicitude de admisión.

Novos temas

Luns 11 de marzo ás 17:00 horas no CEIP Galán

Charla: " Coida as túas costas, coida as súas costas"

Ponente: José Manuel Varela Lendoiro ( Fisioterapeuta)

Entroido 2013

 

Con motivo da celebración do Entroido, o pasado venres 8 de febreiro levouse a cabo un desfile no pavillón de deportes do colexio. Tanto o alumnado de infantil e primaria como parte  do profesorado ensinaron os seus disfraces ao son da música.

Este ano tratouse de representar diferentes épocas da historia; houbo exipcios, romanos, damas e cabaleiros da idade media, mulleres e homes elegantes dos anos 20, hippies dos 60 e seguidores do movemento punk de mediados dos 70...

Ademais, ao longo da semana  fixéronse os Mandadiños. Cada día vimos ao colexio adornados dun xeito determinado, sendo os adornos acumulativos.

As fotos están na Galería.


Celebrando a Paz

Día da Paz

O día de onte, mércores 30 de xaneiro, conmemorouse o día da paz con motivo do pasamento de Mahatma Ghandi.

Para celebralo, leváronse a cabo no colexio diferentes actividades propostas polo equipo de actividades complementarias e extraescolares:

  • Elaboración de varias árbores por parte do alumnado do colexio empregando a impresión das mans de todos os nenos e nenas de cada clase.
  • Elaboración de carteis alusivos á paz.
  • Realización da actividade "Regalamos sorrisos".
  • Ao longo desta semana a música de entrada, recreo e saída foi a canción "Mensajes del agua" de Macaco; canción que se traballou na aula de música. (Podedes escoitar a canción aquí)
  • Elaboración por parte do departamento de orientación dun díptico informativo con actitudes relativas a unha boa convivencia. Adxuntamos o documento en pdf.

                                

 

Podedes ver fotos das árbores e das mensaxes na Galería.


Entroido 2013

Distribuir contido


by Dr. Radut