Semana Multicultural 2013
Na semana do 13 ao 16 de maio leváronse a cabo no colexio diferentes actividades para dar a coñecer ao alumnado aspectos diversos das culturas dos países de orixe dalgúns e dalgunhas compañeiros/as.
Algunhas actividades desenvoltas gracias á colaboración de toda a comunidade educativa (alumnado, nais e profesorado) foron as seguintes:
- Xogos multiculturais nas sesións de educación física.
- Charlas a cargo do propio alumnado sobre a cultura xitana e a cultura rusa.
- Exposición de instrumentos musicais elaborados polo alumnado.
- Realización de cancións e bailes de distintos continentes na aula de música.
- Taller de Henna a cargo de nais de alumnado do colexio.
- Charla sobre a cultura árabe a cargo do profesor de árabe.
- Charla sobre escritura árabe.
As fotos están na Galería.