Skip to Content

Letras Galegas en Galán (2013)

Os pasados días 15 e 16 de maio celebráronse no colexio diversos festivais por mor da celebración do Día das Letras Galegas.

Houbo teatro, música, poesía, contos...

      

A continuación enumeramos as diferentes actuacións:

  • O alumnado de 6ºA interpretou a Muñeira e o vals de Padreiro de Castriz.
  • Alumnas de 6º C presentaron a obra de teatro "Un programa desmoronado" , unha parodia dun programa de televisión parecido a "Pasapalabra", onde puidemos ver a dúas concursantes parvas de vez!
  • Eva, Kaoutar e Andrés, de 5º de Primaria, escenificaron un poema de Galicia, dos seus costumes e da súa lingua. O poema foi escrito polo poeta lugués Manuel María e leva por título "Galicia".
  • Un grupo de rapaces e rapazas de 4º e 5º contaron a historia do granxeiro Tom, que non quería amores na súa granxa.
  • Alumnas do 3º ciclo representaron a obra "Un oso moi preguiceiro".
  • O curso de 3ºC fíxonos bailar coa canción de rock and roll "O porco celta".
  • O alumnado de 3ºA interpretou unha canción de Pablo Díaz que leva o título "O trasno" na que se nos conta a vida dun trasno algo noxento que vive no bosque.
  • Os rapace e as rapazas de 3ºB interpretaron a canción encadeada "Un vello que tiña animais na corte".
  • Roi Prado Fervenza, alumno de 1ºB, axudado pola súa nai, escribiu a obra "O ratiño Pi" que compartiu connosco e que fala dun rato ao que lle gustaba moito o queixo.
  • Jeremy, Antía, Samuel e Eva, de 1ºB, interpretaron a obra "O xigante grandullón". É a historia dun xigante grandullón e abusón que ten escravizados a tres rapaciños moi bos que conseguirán ... librarse del!
  • O alumnado de 1ºA interpretou a canción " Fun ao mercado".
  • O grupo de 1ºC interpretou a canción "A vaca amarela".
  • O alumnado de todo o centro interpretou varias cancións co mestre de música Miguel: o alumnado de infantil "Ven bailar Carmiña", o de 1º ciclo "O Sacristán de Coimbra", o de 2º ciclo "Na beira do mar" e o de 3º ciclo "Pousa pousa".

Parabéns a todas e todos!

As fotos están na Galería.



story | by Dr. Radut