lazo vermello

REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

Rematamos o conto “El paraguas de cebra” foi un conto que nos gustou moito e con el traballamos  a motricidade fina, decorando  todos os paraugas de cebra de diferentes maneiras...

    

   

 

...tamén aprendimos a ordear secuencias , emparellar nomes coas imaxes e imaxes reais con debuxos...

   

  

PASÁMOLO MOI BEN CO PARAUGAS DE CEBRA !

 

Finalizamos tamén o proxecto “escola de maxia” onde desfrutamos moito de tódalas actividades que tivemos que facer: códigos secretos, palabras máxicas, experimentos... con todo eso conseguimos o noso carné  de bos magos. 

 

 

ANIVERSARIOS DE MARZO

Celebramos os aniversarios de marzo de ÉLIDA E ANDREA.

PARABÉNS OS MAIORES DE 4 ANOS DA CLASE!!!

Preparamos a coroa, cambiamos a foto da tarta do 3 para a de 4 e levaron de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos.

ESCOLA DE MAXIA: PARTE 2 EXPERIMENTOS

Seguimos na procura de convertirnos nuns auténticos magos  como Turlututú e para iso, ao longo destas semanas estivemos a facer uns divertidos experimentos.

OVO NADADOR. Nun recipente botamos auga, un ovo e un pouco de sal e…a nadar!

CORES MÁXICAS. Mesturamos un pouco de leite e pintura de cor azul, amarelo e vermello ..todo un espectáculo!

 

GLOBOS MÁXICOS. Frotamos un globo cun xersei de lá, poñémoslle un pouco de maxia e conseguimos que quede pegado ao teito, atrape confeti, ou nos poña os pelos de punta.

 

A piques estamos de conseguir o noso carné de magos!

REMATAMOS AS ACTIVIDADES DO INVERNO

Rematamos as actividades relacionadas co inverno, ollade que ben o pasamos neste trimestre...

- Xogando ca neve na mesa sensorial...CLICADE NAS IMAXES

- Debuxando, contando, recortando...CLICA NAS IMAXES

   

  

BOLBORETAS MENSAXEIRAS

Participamos na actividade conxunta de todo o cole que consistiu en  facer bolboretas mensaxeiras por Rosalía de Castro e o 8 M.

 Escollemos unha palabra que  aparece na canción “Rosalia”  do CD “Paio e o poder da música” da editorial Galaxia, CORAXE.

Escollemos coraxe porque é unha palabra que representa a Rosalía e a todas as mulleres, é aquilo que Rosalía precisou  para denunciar as inxustizas da época e  como reclamo das mulleres pola igualdade.

CLICA NAS IMAXES

 Tamén podes ver o da páxina do cole onde sae todo o alumnado.ENLACE

 

Debuxamos as mulleres importantes das nosas vidas: mamás, avoas...

 

CHEGOU O ENTROIDO!

Estas dúas semanas dedicáronas a preparar o Entroido pero tamén tiveron tempo para contar moitos contos sobre a amizade, xogos coa plasti, coas letras…

Fixeron uns antifaces moi chulos pintados coas súas cores preferidas e decorados con moitas cousas, mirade que guapos están.

Un dos nosos magos preferidos é Turlututú e por  eso fixeron estas súper coroas …

E por fin chegou o día da festa de Entroido, pasárono moi ben, a profe Cris montóulles unha alfombra vermella para desfilar.

 

Déixovos os vídeos do desfile da alfombra vermella, son preciosos CRIS.

MENUDOS ARTISTAS!!!

Moitas grazas  profe Cris por coidar tan ben “dos meus laciños vermellos” e por facer tantas fotos e vídeos.

Mil grazas profe Nerea por axudarnos tanto.

Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración, deséxovos un bo Entroido. Vémonos á volta do Entroido.

ESCOLA DE MAXIA. PARTE 1

 Adentrámonos na ESCOLA DE MAXIA para convertirnos en verdadeiros magos. Decoramos a porta da aula co mago Turlututú, e puxemos o nome a nosa estrela de maxia.

Sabemos que un mago ten que posuir uns coñecementos (estamos practicando o nome e o dibuxo do esquema corporal) e  unhas habilidades, para mediante trucos ou xogos de mans, crear cousas extraordinarias. 

 

Polo tanto os  laciños vermellos xunto cos azuis comezamos co seguinte espectáculo:  

o

   Por un lado,  fixemos o noso primeiro experimento, foi un momento máxico no que un boneco conseguiu fabricar  neve. Hai que decir que non funcionou como esperábamos  no primeiro intento, pero  sí ao  día seguinte,  cando contamos coa axuda dos encargados. Por fin poidemos presenciar como o boneco de neve escupía e escupía neve…foi divertidísimo!

o

   Outro momento máxico foi cando despois de botar boliñas moi pequeniñas nuns recipientes e engadirlles auga, comezaron a medrar e medrar!... Realmente eran cousas extraordinarias, polo que debía de ser MAXIA.

 As profes  explicáronnos  os  trucos e como podíamos  ensaialos de novo na casa.

 

Seguiremos  practicando e… non esquezades ir preparando o traxe de mago para disfrazarnos todos o día 17,  coido que para entón xa teremos gañado o título de MAGOS.

 

ANIVERSARIOS DE XANEIRO

Celebramos os aniversarios de xaneiro de OLIVER, REBECCA  E DYLAN.

PARABÉNS OS MAIORES DA CLASE!!!

Preparamos a coroa, cambiamos a foto da tarta do 3 para a de 4 e levaron de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos.

DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO

 Co motivo da conmemoración da día paz estivemos traballando  o conto de “O paraugas de Cebra”.

Un conto no que cebra, a protagonista, co seu enorme paraugas da refuxio a un grupo heteroxéneo de animais (gacela, rinoceronte, elefanta, lebre e león) ensinándolles a todos o valor de compartir e ser solidario.

Ao mesmo tempo permítiunos adentrarnos no mundo da sabana e coñecer distintos  animais e as súas características; xogar coas letras e os números, traballar o trazo vertical...CLICA NAS IMAXES

  

  

  

 

Celebramos todos xuntos infantil e primaria o día da PAZ cantando cancións...CLICA NAS FOTOS

 

¡ DOBLE SORPRESA !

Dúas sorpresas tivemos esta semana, Maky presentóunos o conto deste trimestre " El paraguas de Cebra".

  

¡O xoves, a profe Nerea veu a visitarnos! Os que non a vistes non vos preocupedes que virá máis veces. Moitas grazas. 

 

Powered by Drupal - Design by artinet