lazo verde
PROXECTO BECHOS E FLORES
Comezamos esta aventura con dúas sorpresas:
-
Unha bandexa sensorial chea de bechiños e flores, na que nos encanta xogar.
-
E unha caixiña con oviños de vermes de seda:
Chegamos todos os días con moita ilusión para ver que están facendo os nosos bechiños!!! Xa somos uns expertos/as en vermes de seda, caracois, xoaniñas...
Ademais, estamos a traballar dunha maneira especial dous contos: “A eiruga larpeira”, de Erick Carle, e “Flores”, de Hervé Tullet.
Coas aportacións que van chegando vamos creando o noso recanto:
Grazas familias pola vosa colaboración!!!
Tamén saímos a observar as plantiñas da horta. As fabas de mata baixa que plantamos con Yago e as leitugas, cebolas... que plantaron amiguiños/as doutros cursos medraron un montón!!!
Que bonita está a nosa horta!!!
MUSEO DE BELAS ARTES
O 16 de maio tivemos a saída ao Museo de Belas Artes.
A auga foi o fío condutor da actividade “Cada gota conta”.
Pasounos tan rápido o tempo que, cando nos dimos conta, xa estaba o bus esperando por nós!!!
Grazas a Laura, guía do museo, por acercarnos ao mundo da arte dun xeito lúdico e divertido.
CONCERTO PALACIO DA ÓPERA
O 25 de abril fomos ao Palacio da Ópera para ver o concerto “De aquí para alá coas emocións”.
Trátase dunha proposta musical e teatral, creada e interpretada por Lydia Botana, na que se fai unha viaxe musical por todos os continentes, mostrando distintas tradicións, bailes, música e instrumentos, acompañados de Bolboreta, que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África.
Desfrutaron un montón!!!
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Para conmemorar esta data dun xeito especial levamos a cabo diferentes actividades durante toda a semana:
-
Visita á Biblioteca do Castrillón:
Que ben o pasamos!!!
-
Luis, Dylan e Emily, alumnos de 3º de Primaria, viñeron a contarnos o conto a “Lúa ladroa”
Sodes uns magníficos contacontos!!! Grazas por vir!!!
-
Facemos un padlet con recomendación lectoras. Se premedes no signo + podedes subir o voso libro favorito:
Preme na imaxe
-
Creación duns marcapáxinas con forma de flor estampando as nosas mans.
CANCIÓN DÍAS DA SEMANA EN LSE
Na clase de música coa profe Sonia aprendemos a signar a canción dos días da semana. Tanto nos gustou que pasou a ser unha das cancións que moitos días utilizamos na asemblea. Mirade que ben o fan!!!
ANIVERSARIO MARTÍN
No mes de marzo celebramos o aniversario do noso amiguiño Martín. Xa 4 aniños; que maior!!
Parabéns Martín!!!
AVENTURA POLAR
Este proxecto, levado a cabo neste segundo trimestre, comezou á volta das vacacións de Nadal co noso reno favorito Rodolfo como eixo motivador de toda a proposta.
Despois de moitas semanas de investigación e experiencias lograron o seu obxectivo: completar o mapa de Rodolfo!!! Conseguindo así que Rodolfo regresase ao Polo Norte con Papá Noel.
Nesta gran aventura traballaron en equipo, investigaron e aprenderon moito sobre o mundo polar. Queredes ver canto? Ollade este vídeo, que agardo vos guste:
E para seguir xogando...
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »