Brotes Verdes

Agrupamento de centros

Agrupamento de colexios en Madrid

Deixámovos unha pequena mostra do que foi a nosa viaxe a Madrid o pasado 22 e 23 de maio. Esta mobilidade enmárcase dentro do Proxecto Brotes Verdes e pretende ofrecer ao alumnado a experiencia de convivir con rapazada doutros centros e coñecer outras realidades. Para as mestras tamén foi moi enriquecedor xa que volvemos cargadas de novas ideas.

 
 

Os nosos recreos máis divertidos!!

Unha mostra do que facemos este curso nos recreos coa colaboración e compromiso dos voluntarios de 5º e 6ºEP. Grazas por facer os recreos máis dinámicos, inclusivos e sobre todo divertidos.

 
 

Logo e conta de Instagram

Aquí tedes o logo do Agrupamiento de Centros Educativos no que participamos con outros colexios de España, e que o faremos tamén nos vindeiros dous anos. Tamén facendo clic na imaxe podedes acceder ao instagram onde publicamos algunhas das actividades relacionadas co proxecto.

 
 
 
 

Horta escolar

Hoxe martes 20 de febreiro botou a andar de novo o noso horto escolar. Fíxoo da man de Yago García-Garaball, asesor e creador de hortos ecolóxicos, xunto co alumnado de 5º e 6º. Nas vindeiras semanas e ata rematar o curso irán pasando polo horto tódalas aulas do cole para aprender sobre sementes,  ferramentas e coidado do horto, compost… e moitas cousas máis!!

Alumnado traballando na horta escolar

Primeiro Encontro do Agrupamento de Centros - Brotes Verdes

O pasado 15 de xaneiro tivo lugar, no CEIP Príncipe de Asturias, en Montijo (Extremadura)  o primeiro encontro dos centros pertencentes ao agrupamento educativo “Brotes Verdes”. 
A finalidade deste encontro foi a posta en común de ideas que nos permitan revitalizar os espazos de xogos e poñer en marcha o horto escolar.
Cada centro ten necesidades distintas pero compartir as dificultades e os puntos fortes de cada un dos colexios  axúdanos a mellorar e encontrar novas ideas e dinámicas axeitadas a nosa realidade.
Estamos moi agradecidos pola acollida do Claustro do CEIP Príncipe de Asturias que nos permitiu participar na vida do centro e nos organizou diferentes actividades educativas e culturais para coñecer a Cidade de Mérida. Deixámosvos algunhas das imaxes do encontro.

Powered by Drupal - Design by artinet