Primeiro Encontro do Agrupamento de Centros - Brotes Verdes
O pasado 15 de xaneiro tivo lugar, no CEIP Príncipe de Asturias, en Montijo (Extremadura) o primeiro encontro dos centros pertencentes ao agrupamento educativo “Brotes Verdes”.
A finalidade deste encontro foi a posta en común de ideas que nos permitan revitalizar os espazos de xogos e poñer en marcha o horto escolar.
Cada centro ten necesidades distintas pero compartir as dificultades e os puntos fortes de cada un dos colexios axúdanos a mellorar e encontrar novas ideas e dinámicas axeitadas a nosa realidade.
Estamos moi agradecidos pola acollida do Claustro do CEIP Príncipe de Asturias que nos permitiu participar na vida do centro e nos organizou diferentes actividades educativas e culturais para coñecer a Cidade de Mérida. Deixámosvos algunhas das imaxes do encontro.