lazo vermello

FELICES VACACIÓNS!!

MOITAS GRAZAS!!!

 

FESTA FIN DE CURSO

Hoxe tivemos os xogos de fin de curso, pasámonolo moi ben !!

   

  

  

  

 

 

REMATAMOS O CURSO

Nesta semana rematamos o curso, estos días os adicamos a facer cousas diferentes:

- Xogamos o bingo, non importaba ganar o importante era xogar todos xuntos!!!

  

  

 - fixemos uns murais para decorar a clase, menudos artistas!!!

  

 

- fixemos un experimento e xogos de auga cos laciños azuis, falamos da contaminación e do desastre do Prestige.

  

  

 

 

- Como bos Gardiáns do planeta  temos boas noticias, o lince ibérico xa non está en perigo de extinción, tamén sabemos que hai unha gran muralla verde africana que axuda a restaurar a natureza, e que unha máquina limpa os océanos. Agora nos xogos da clase inventamos cousas que axudan a coidar a natureza, inventamos animais exóticos e divertidos...

   

  

    

LECTOESCRITURA

No cole traballamos a lectoescritura partindo do seú nome e apelidos, traballamos primeiro a letra maiúscula para pasar despois a minúscula.

Repasamos a grafía das letras intentando coller ben o lápis (pinza).

Traballamos os sons das letras e logo adiviñamos que letra é, palabras que comecen pola "letra..."

  

Facemos listas de palabras coñecidas, adiviñamos palabras parecidas....

 

Copiamos palabras, frases...

Facemos rimas, adiviñas,contos...

 

ANIVERSARIOS XUÑO, XULLO E AGOSTO

Hoxe celebramos o aniversario de xuño de VIOLETTA, xa está na tarta de 5 anos. QUE ILUSIÓN!!!

E tamén todos os aniversarios de xullo e agosto, os  "non cumpleañosos" ( LEO, GABI, MANU, CARLA, ANDRÉS, DELAL, IKER e URIEL) tamén están na tarta de 5 anos.

Como agasallo levan unha maleta chea de agarimo.

PARABÉNS A TODOS/AS !

 

 

REMATAMOS O PROXECTO GARDIÁNS DO PLANETA

Con este proxecto quixemos concienciar os nenos/as do cuidado do seu entorno máis próximo(a súa casa, o parque...) para conciencialos do cuidado do planeta. Levamos a cabo 4 misións onde aprendimos e disfrutamos moito, agora xa somos uns aútenticos gardiáns do planeta.

   

  

 

 

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Lóxica matemática

No cole traballamos a lóxica matemática apoiándonos no método ABN.

-Contamos de diferentes maneiras: cos dedos, cos puntiños dos dados, e cos números, coas regletas; ordenamos os números 0,1,2,3…; contamos cara adiante 0,1,2,3 e cara atrás 6,5,4,3,2,1,0. Contamos ordinales 1º,2º, 3º…. 

   

 

 

TRUCO PARA CONTAR HASTA 19

-Descomposición do número: repartición regular (2,2), repartición irregular (2,2 e sobra 1), igualar as cantidades preguntando cantos faltan, cantos sobran.

   

-Aprender a grafía dos números.

4ª MISIÓN: COIDAMOS DA AUGA

A auga é un elemento indispensable para a vida e, por este motivo, é fundamental que os nenos coñezan a  súa importancia.Que pasaría si non existise auga no planeta?...

Coñecimos a Awi unha gotiña moi viaxeira...

  

  

Fixemos un experimento para saber máis cousas da auga: a súa cor, a forma, o sabor...

  

Falamos do difícil que é limpala no mar cando os barcos derraman petróleo...quedaron asombrados cando viron algunhas das imaxes do DESASTRE DO PRESTIGE.

 

ANIMAIS EN PELIGRO DE EXTINCIÓN

 Algúns dos animais máis estraños do noso planeta están en perigo  de extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando fotografías dalgún deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes. Nós temos algúns preferidos que observamos coa nosa lanterna máxica: o picozapato, o oso panda, o ajolote…

 S

Todos eses animais están en perigo pola contaminación do planeta , pero nós tamén podemos axudar evitando algunhas accións que prexudican o planeta.

 

Tamén falamos da importancia dos insectos, sobre todo das abellas e observamos un “hotel de insectos” que poremos no patio cerca do horto.

   

  

 

Contamos unha chea de contos e algúns os debuxamos…

  

Con todas estas actividades rematamos esta misión.

   

  

 

ANIVERSARIO DO MES DE MAIO

Hoxe celebramos o aniversario de THIAGO, xa está na tarta de 5 anos. QUE ILUSIÓN!!!

Como agasallo leva unha maleta chea de agarimo.

PARABÉNS THIAGO !

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet