lazo vermello

DÍA DO PUNTO

Celebramos o día Internacional do punto comezando co relato do conto El punto  de Peter H. Reynolds.

El punto é un álbum que nos fala de Vashti, unha nena que está enfadada porque non é unha artista e non é capaz de dibuxar nada...

Ao final do conto Vasthi aprenderá que todo o mundo ten capacidade creativa,  só temos que confiar en nós mesmos.

Tamén nós  intentamos crear os nosos cadros pintando con rotuladores, e  logo fixemos uns bonitos colares en forma de punto xigante con moitos puntos pequenos e brillantes.

 

PERíODO DE ADAPTACIÓN

Benvidos/as á clase de laciño vermello!!

Déixovos unhas fotos destes días que seguro,  estades deseosos de  ver.

Estamos sorprendidos do ben que o están a facer !!!

Comentarvos  que aínda que se estableza por lei que pode haber un período de incorporación progresiva ao centro, a adaptación pode durar moito máis. Cada alumno ou alumna terá un período de adaptación diferente, tanto na  duración como na forma de vivilo e manifestarse ante os cambios. Polo tanto, os primeiros días será  normal que haxa choros,  rabietas, cambios de humor, pises…

Moita paciencia!!!

 

 

Estes días coñecemos á profe de inglés Sheila, a Iria, Begoña e a Nerea e Susi. Tamén  a Maki (mascota) que é un amiguiño que vive no cole e que  xoga moito con nós.

Recorremos o cole visitando as clases dos irmáns,  o ximnasio,  parque,  patio…

Na aula estamos aprendendo a xogar por recantos, o recanto do xogo simbólico, o de lectoescritura,  construccións, biblioteca…

E todos, todos os días contamos un conto e cantamos cancións…

 Non está nada, que nada  mal isto do cole!!

Powered by Drupal - Design by artinet