DÍA DO PUNTO

Celebramos o día Internacional do punto comezando co relato do conto El punto  de Peter H. Reynolds.

El punto é un álbum que nos fala de Vashti, unha nena que está enfadada porque non é unha artista e non é capaz de dibuxar nada...

Ao final do conto Vasthi aprenderá que todo o mundo ten capacidade creativa,  só temos que confiar en nós mesmos.

Tamén nós  intentamos crear os nosos cadros pintando con rotuladores, e  logo fixemos uns bonitos colares en forma de punto xigante con moitos puntos pequenos e brillantes.

 

Powered by Drupal - Design by artinet