lazo amarelo

EXCURSION MUSEO BELAS ARTES

O 16 de maio era unha data marcada no calendario xa que fomos de excursión ó museo de Belas Artes de A Coruña. Nas actividades que fixemos, o fío conductor foi a auga. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos nesta actividade titulada "cada gota conta", na que estivemos moi atent@s e entretid@s.

 

HORTO ESCOLAR

No noso segundo encontro de horto escolar con Yago García Garaball, aprendemos como se fai compost e plantamos fabas. Como sempre desfrutamos moito.

 

CONCERTO "DE AQUÍ PARA ALÁ"

O 25 de abril fomos ao Palacio da Ópera para ver o concerto “De aquí para alá coas emocións”. 

Trátase dunha proposta musical e teatral, creada e interpretada por Lydia Botana, na que se fai unha viaxe musical por todos os continentes, mostrando distintas tradicións, bailes, música e instrumentos, acompañados de Bolboreta, que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África. 

 

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

O venres 19 de abril, volvemos do recreo e recibimos unha invitación moi especial de Olé, e o luns 22 fomos a visitalo xa a primeira hora e pasamolo xenial con él e coas bibliotecarias. Moitas gracias!

 

ANIVERSARIO ALAN

No mes de Abril, chegou o esperado 4º aniversario do noso compañeiro Alan, e como podedes ver no vídeo, pasámolo moi ben. PARABÉNS ALAN! que sigas cumplindo anos con esa ilusión sempre.

 

 

SAÍDA SUPERMERCADO GADIS

O mércores 20 de marzo realizamos a visita ao Gadis do Castrillón, dentro do programa educativo "Alimentes", posto en marcha polo supermercado para concienciar ao alumnado da importancia dunha alimentación saudable, da actividade física e do consumo responsable.

 

Ao  rematar a visita tivemos unha sorpresa: unha mochila con agasallos!!!

 

XOGO MISIÓN RODOLFO

Durante o segundo trimestre tivemos unha importante misión, axudar a regresar a Rodolfo o reno á súa casiña que está no polo norte, para esta misión tivemos que investigar, aprender, tocar, manipular e todo esto disfrutando moito, e conseguimos xuntar as pezas do mapa para que Rodolfo o reno. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de que fomos superando a nosa misión para que xoguedes en familia tamén.

 

ANIVERSARIO ETHAN

No mes de marzo tivemos o cuarto aniversario do noso amiguiño Ethan e celebrámolo por todo o alto, aquí vos deixamos un pequeno resumo do ben que o pasamos. PARABÉNS ETHAN!

 


AniversarioEthan - Kizoa Movie Maker

CANCIÓN DIAS DE LA SEMANA EN LSE

Aquí vos deixamos a canción dos días da semana que facemos moitos días na nosa asemblea, interpretada en Lingua de Signos Española. Mirade que ben o facemos!

 

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía de Castro no cole e fixemos un collage cunhas estrofas dun dos seus poemas, que nos quedou así de fermoso. Esperamos que vos gusten!

 

Powered by Drupal - Design by artinet