lazo vermello

Comeza o mes do Nadal

Que ledicia ! Xa estamos no mes do Nadal !

Comezamos o mes cun calendario de advento, onde o encargado recolle un pequeno agasallo no día que estamos(tamén levan agasallo os nenos que non van a ser encargaos este mes ). Decoramos a porta da aula con un montón de manualidades, mirade que bonita quedou ! CLICA NA IMAXE

Moitas grazas polas vosas manualidades, sodes uns artistas!

             

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Celebramos os aniversarios de novembro de ADRIANA E MATEO .

PARABÉNS!!!

Preparamos a coroa, cambiamos a foto da tarta do 2 para a de 3 e levaron de agasallo unha variña máxica para que se cumplan todos os seus desexos.

REMATAMOS AS ACTIVIDADES DO OUTONO

 Despois de observar, manipular, xogar e aprender un montón de cousas sobre o outono damos por rematadas as actividades.

Que ben o pasamos !

...facendo un mural... CLICA NAS IMAXES DO MURAL

   

   

... facendo manualidades...

     

... contando, facendo series, clasificando na mesa sensorial...CLICA NESTAS IMAXES

  

... traballando a grafomotricidade... CLICA NAS IMAXES

    

 

 

PROXECTO ASÍ SON EU: MURAIS IV

Seguimos recibindo máis murais, que ilusionados están contando todas as cousas ... moitas gracias pola vosa colaboración.

  

25 N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

"Os laciños vermellos " tamén queremos decir NON a violencia de xénero. O noso lema é "controla as emocións".

Estas semanas estivemos traballando as emocións co conto " O monstro de cores",  fixemos un precioso  mural xunto cos laciños azuis. Mirade que bonito quedou! CLICA NA IMAXE .

Deixovos algúns dos contos de esta semana sobre a igualdade. CLICA NA IMAXE PARA VELOS

      

 

A COCIÑA DOS DEBUXOS DE HERVÉ TULLET. PRIMEIRA PARTE

Comezamos a nosa andadura da escola no mes de setembro, coñecendo ao ilustrador francés "HERVÉ TULLET".  Está considerado o príncipe dos contos e os seus libros son moi divertidos para traballar cos nenos e nenas conceptos básicos, distintos materiais, diversas técnicas... O libro que eleximos foi  "A COCIÑA DOS DEBUXOS", cada semana elaboramos algunha deliciosa receita onde aprendemos moitas cousas.

Mirade cantas levamos xa!!

PADE CORES   (aprendendo a misturar as cores), DELICIAS DE GARABATOS

    

TARTA DE TRIÁNGULOS (discriminando formas)

   

ENSALADA DE CÍRCULOS (discriminando formas)

  

ESTOFADO DE PUNTOS (manexo do punzón)

 

ENSALADA DE MANS (aprendendo as cores)

  

PROXECTO ASÍ SON EU: MURAIS III

Seguimos recibindo máis murais, que ilusionados están contando todas as cousas ... moitas gracias pola vosa colaboración.

  

  

SEMANA DO MAGOSTO

Esta semana celebramos a festa do magosto, na aula  fixemos xogos coas castañas: series, conteo,manualidades...

   

    

O martes viñeron uns castañeiros e ensináronnos como asaban as castañas...

   

...despois  tivemos festa  coa asociación cultural Donaire.

Mirade que ben o pasamos !!!

PARABÉNS NEREA

O mércores dímoslle unha súper sorpresa de aniversario a Nerea, ela regalóunos unhas preciosas bolboretas. 

PARABÉNS !!!

 

O NOSO SAMAÍN II

Esta semana tivemos un conto de samaín, veu Rosana a nai de Iker a contarnolo porque a semana pasada estivo enfermo Iker. Moitas grazas !! CLICA NA FOTO para ver todos os contacontos.

       

 

Déixovos este vídeo das series que fixemos no samaín.Sorprendido

 

Powered by Drupal - Design by artinet