ESCOLA DE MAXIA: PARTE 2 EXPERIMENTOS

Seguimos na procura de convertirnos nuns auténticos magos  como Turlututú e para iso, ao longo destas semanas estivemos a facer uns divertidos experimentos.

OVO NADADOR. Nun recipente botamos auga, un ovo e un pouco de sal e…a nadar!

CORES MÁXICAS. Mesturamos un pouco de leite e pintura de cor azul, amarelo e vermello ..todo un espectáculo!

 

GLOBOS MÁXICOS. Frotamos un globo cun xersei de lá, poñémoslle un pouco de maxia e conseguimos que quede pegado ao teito, atrape confeti, ou nos poña os pelos de punta.

 

A piques estamos de conseguir o noso carné de magos!

Powered by Drupal - Design by artinet