ESCOLA DE MAXIA. PARTE 1

 Adentrámonos na ESCOLA DE MAXIA para convertirnos en verdadeiros magos. Decoramos a porta da aula co mago Turlututú, e puxemos o nome a nosa estrela de maxia.

Sabemos que un mago ten que posuir uns coñecementos (estamos practicando o nome e o dibuxo do esquema corporal) e  unhas habilidades, para mediante trucos ou xogos de mans, crear cousas extraordinarias. 

 

Polo tanto os  laciños vermellos xunto cos azuis comezamos co seguinte espectáculo:  

o

   Por un lado,  fixemos o noso primeiro experimento, foi un momento máxico no que un boneco conseguiu fabricar  neve. Hai que decir que non funcionou como esperábamos  no primeiro intento, pero  sí ao  día seguinte,  cando contamos coa axuda dos encargados. Por fin poidemos presenciar como o boneco de neve escupía e escupía neve…foi divertidísimo!

o

   Outro momento máxico foi cando despois de botar boliñas moi pequeniñas nuns recipientes e engadirlles auga, comezaron a medrar e medrar!... Realmente eran cousas extraordinarias, polo que debía de ser MAXIA.

 As profes  explicáronnos  os  trucos e como podíamos  ensaialos de novo na casa.

 

Seguiremos  practicando e… non esquezades ir preparando o traxe de mago para disfrazarnos todos o día 17,  coido que para entón xa teremos gañado o título de MAGOS.

 

Powered by Drupal - Design by artinet