REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE
Rematamos o conto “El paraguas de cebra” foi un conto que nos gustou moito e con el traballamos a motricidade fina, decorando todos os paraugas de cebra de diferentes maneiras...
...tamén aprendimos a ordear secuencias , emparellar nomes coas imaxes e imaxes reais con debuxos...
PASÁMOLO MOI BEN CO PARAUGAS DE CEBRA !
Finalizamos tamén o proxecto “escola de maxia” onde desfrutamos moito de tódalas actividades que tivemos que facer: códigos secretos, palabras máxicas, experimentos... con todo eso conseguimos o noso carné de bos magos.