BOLBORETAS MENSAXEIRAS
Participamos na actividade conxunta de todo o cole que consistiu en facer bolboretas mensaxeiras por Rosalía de Castro e o 8 M.
Escollemos unha palabra que aparece na canción “Rosalia” do CD “Paio e o poder da música” da editorial Galaxia, CORAXE.
Escollemos coraxe porque é unha palabra que representa a Rosalía e a todas as mulleres, é aquilo que Rosalía precisou para denunciar as inxustizas da época e como reclamo das mulleres pola igualdade.
CLICA NAS IMAXES
Tamén podes ver o da páxina do cole onde sae todo o alumnado.ENLACE
Debuxamos as mulleres importantes das nosas vidas: mamás, avoas...