Skip to Content

Admisión alumnado

Apertura do Prazo de Preinscrición para o Curso 2012-13

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2011-12 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 de Marzo até o 10 de Abril do 2012.

A reserva de praza farase no propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. O impreso de solicitude para admisión que pode ser recollido na conserxería do centro ou ben premendo na LIGAZÓN

DOCUMENTACIÓN:

1. IMPRESO DE SOLICITUDE (ANEXO II)

• Coa entrega, no centro daráselle necesariamente rexistro de entrada.

• No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude terá que ser asinada polos dous.

2. CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO MUNICIPAL con todos os membros que convivan co alumno/a.

• De conformidade co establecido no artigo 21.4 da Orde, o domicilio familiar acreditarase mediante “certificado de empadroamento municipal” no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

• Excepcionalmente, pode considerarse como domicilio familiar o daqueles familiares cos que o menor efectivamente conviva. Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida, para tal efecto, polo concello, a partires de informes da Policía Local ou da Garda Civil.

3. Copia do DNI de ambos pais e do alumno/a (no caso de que o teña).

4. Copia do libro de familia.

5. Copia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas

SOLICITANTES DE SERVIZO DE COMEDOR

O número de prazas é limitado; no caso probable de superar a demanda ás prazas ofertadas aplicarase o baremo que oportunamente dictará a Delegación Territorial.

En calquera caso o servizo de comedor está garantizado para:

1. Alumnado beneficiario do servizo do transporte escolar (distancia superior a 2 km do centro)

2. Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe do/a asistente/a social do concello. As prazas que resulten vacantes poderá solicitalas o resto do alumnado que será baremado segundo a normativa que próximamente publicará a Delegación Territorial de Educación.

 Orde de admisión

Reserva de praza curso 2012/13

A reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de centros adscritos:

EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns - EEI da Igrexa.

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA

Do 1 ao 18 de febreiro

Documentación:

Xuntamos o ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos.(Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

Xuntamos documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviose a través do alumnado ás familias).

PERIODO DE ADMISIÓN

Distancias entre o CEIP de Pedrouzos e as paradas de transporte escolar.

Adxuntamos resolución sobre as distancias entre o CEIP de Pedrouzos e as distintas paradas.

Resulición distancias

Distribuir contido


by Dr. Radut