Skip to Content

Reserva de praza curso 2012/13

A reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de centros adscritos:

EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns - EEI da Igrexa.

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA

Do 1 ao 18 de febreiro

Documentación:

Xuntamos o ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos.(Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

Xuntamos documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviose a través do alumnado ás familias).

PERIODO DE ADMISIÓN

Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro nin nas escolas adscritas: Abrirase o periodo do 1 ao 30 de marzo.

 Documento reserva alumnado do centro 

 Anexo I reserva de praza para centros adscritos 


page | by Dr. Radut