Provisionalmente, todas as solicitudes de admisión para o curso escolar 2018/19 presentadas en prazo foron admitidas. As listaxes publicaranse unha vez aprobadas no Consello Escolar, previsto para o 9 de abril.
Os/as solicitantes deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Calendario do proceso de admisión para o curso 2018/19 | |
Reserva de praza |
Do 1 ao 15 de febreiro |
Listaxe asignación prazas centros adscritos | Antes do 28 de febreiro |
Publicación de vacantes | 1 de marzo |
Presentación de solicitude de admisión | Do 1 ao 20 de marzo |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | Antes do 25 de abril (aprox. 13 abril) |
Publicación de listaxes definitivas | Antes do 15 de maio |
Formalización de matrícula | Do 20 ao 30 de xuño |
A todo o alumnado das escolas adscritas da EEI dos Ánxeles e da EEI de Sabaxáns que fixo a reserva para primeiro de primaria no próximo curso, foille adxudicada praza. Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.