Audición e linguaxe

Material para o alumnado de 5 anos A-B

Envíovos estas ocas do fonemas r suave, r forte e s. Lembrádevos que tedes que nomear as imaxes.

Material para o alumnado de 4 anos B

Hoxe toca unha ficha de Bob Esponja. Debedes poñer o número que corresponda en cada imaxe, sería tamén moi importante que puxerades o nome do número.

 

Material para o alumnado de 4 anos A

Hoxe toca unha oca do r forte. Lembrádevos que tedes que ir nomeando as imaxes. 

Material para o alumnado de 1º

Envío o seguinte material para traballar os fonemas l, s, z, r forte e r suave. O material consiste nuns taboleiros de conciencia fonolóxica nos que o neno/a debe sinalar que imaxes levan o fonema a traballar. Ademáis de sinalar a imaxe tamén deben articular a palabra correctamente.

Material para o alumnado de 5 anos A-B

Envío este material de conciencia fonolóxica do r suave, r forte e -s-, no que o neno/a debe marcar que imaxes levan o fonema a traballar. Ademáis de sinalar dita imaxe deben articular a palabra correctamente.

 

 

Material para o alumnado de 4 anos B

Envío esta ficha para continuar co traballo da lectura global que empezaramos no 2º trimestre. Nesta ficha o alumno/a debe unir cada nome co seu número correspondente, sería tamén importante que copiara o nome do número debaixo de cada un.

Material para o alumnado de 4 anos A

Envío este material de conciencia fonolóxica para traballar o fonema r forte. Consiste en que o neno/a debe sinalar aquelas imaxes que leven r forte e o mesmo tempo debe articulalas correctamente.

 

Comezamos un novo trimestre

Queridas familias:

Desde Audición e Linguaxe, en primeiro lugar desexar que vos encontredes todos e todas ben.

Estamos ante unha situación excepcional que nos ten a todos e todas desubicados, pero temos que intentar, e coa vosa axuda ímolo conseguir, que os nosos nenos e nenas continuen co seu proceso de ensino- aprendizaxe da mellor maneira posible. Para iso irei compartindo na páxina web do centro diverso material que vos poida ser de axuda para continuar traballando na casa. Cada material que vaia publicando, especificarei como se utiliza e para que alumno/a ou alumnos/as vai dirixido. Lémbrovos que a maioría das sesións de Audición e Linguaxe están enfocadas ó xogo, polo que moito deste material que vos vou enviar serán xogos. Ditos xogos axudaranvos a continuar coa labor que eu empecei e ó mesmo tempo o neno estará aprendendo de maneira lúdica.

Xa sabedes que podedes contar conmigo para calquera dúbida que vos xurda, polo que poderedes escribirme no seguinte correo electrónico: veronicalopezvazquez257@gmail.com

Un abrazo moi forte para todos e todas e seguro que nos vemos axiña.

O SACAPENAS

Os Sacapenas son uns pequenos bonequiños feitos de madeira e fío orixinarios de Guatemala, que escoitan as túas preocupacións para poder durmir sen elas.

O neno do conto, Bieito, non consegue durmir de tantas e tantas preocupacións que ten, polo que a súa avoa lle regala un "sacapenas" para que poida conciliar o sono. 

 

Os nenos/as de EI, na sesión do P.E.L.O tamén elaboramos o noso propio "sacapenas" para que todas as nosas precupacións marchen á hora de durmir. 

 

 

 

TRABALLANDO EN IGUALDADE

Elmer non é como os outros elefantes da súa manda. Aínda que pareza difícil de crer, é un elefante de mil cores: verde, azul, branco, rosa, amarelo... Impresionante!, verdade?

Pero a Elmer non lle fai nin chisco de graza ser así, máis ben estaba farto de ser distinto, así que un día decide escaparse da manda e buscar un remedio para poder ter o mesmo cor de pel que os demais...

Elmer era distinto pero non so no seu aspecto, era o elefante que facía felices aos demáis elefantes, xa que sempre que xogaban con el, alguén ría porque Elmer fixera algo moi divertido. Elmer aprendeu que era querido pola súa personalidade non polo seu aspecto.

Con este conto o alumnado de EI aprendeu que todos somos diferentes e que entre todos podemos pasar momentos moi divertidos xogando e aprendendo dos demáis.

                   

Ademáis aproveitamos para facer os nosos propios elefantes personificados para traballar o soplo.

Powered by Drupal - Design by artinet