Hoxe o terceiro nivel saíu de excursión a Santiago de Compostela.
A nosa mascota a Marela propuxéranos a tarefa de investigar sobre as diferentes sementes que conseguiramos coa axuda das nosas familias.
Na mañá do venres 20 de marzo de 2015 producirase unha eclipse de Sol, coincidindo tamén co último día do inverno, e Galicia será un dos mellores lugares de Europa para poder observalo!.
Unha eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa se coloca entre a Terra e o Sol e oculta toda a luz do Sol ou ben unha parte. Como a Lúa é moito máis pequena que o noso planeta, a eclipse non se produce nunca en toda a Terra. A continuación podedes ver como estarán colocados o Sol, a Lúa e a Terra para que esta eclipse chegue a ter lugar.
PINCHA EN LER MÁIS PARA VER A EXPLICACIÓN MITOLÓXICA, CONSELLOS...
Comenzamos coa primeira semana da froita no curso 2014/2015, que será do luns 16 de marzo ata o luns 23. As froitas desta semana son as seguintes:
- Luns 16: plátano
- Martes 17: pera
- Mércores 18: ameixa
- Xoves 19: amorodo
- Luns 23: mazá
Os días 8, 9 e 10 de marzo o alumnado de sexto de primaria viaxou á estación de esquí de San Isidro en León.
Foi unha experiencia extraordinaria na que aprenderon os conceptos básicos sobe o esquí...xa son todos uns profesionais!!!! Pero non so practicaron deporte, tamén fixeron grandes amizades, pois estiveron acompañados polo CPI Armando Cotarelo (Boimorto) e o Ceip Virxe do portal (Sobrado)
Estade moi atendos xa que, en breve, subiremos un vídeo da actividade. Mentras tanto aquí tedes algunha imaxe
Achegamos información sobre a implantación da xornada lectiva en sesión mixta. Poden consultala premendo aquí.
Así mesmo, recordámoslles que o vindeiro luns 16 de marzo, ás 17:05 horas na aula de audiovisuais do Centro, terá lugar unha reunión informativa para tratar o devandito tema.
Gracias a este fantástico vídeo podemos mostrarvos a fermosa experiencia que vivimos ao asistir ao concerto de Najla Shami na Casa da Cultura, onde interactuamos en todo momento, con pandereteiras, bailarín e bailarina incluídas.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |