Suspendida Charla

A charla sobre "Os riscos de Internet" que ía ter lugar hoxe no IES de Arzúa, ás 16:30 horas queda suspendida por problemas persoais do relator.

Xornadas Plan Proxecta 2015

Marela está contentísima!! Varios profes do cole participaron nas "Xornadas do Plan Proxecta 2015" onde relataron a experiencia que están poñendo en práctica co Proxecto Sustentabilidade e Paisaxe!

Noraboa a toda a Comunidade Educativa polo voso apoio e colaboración. O hurra! máis forte vai para o alumnado, xa que sodes vós o motor que move este traballo, seguide así!
"Moita xente pequena, en lugares moi pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo" Eduardo Galeano

 

Aquí están os profes no relatorio

 


 

Isto foi o que contaron

Experimentamos con sementes!!


O alumnado de Educación Infantil estamos descubrindo como nacen as plantas, como se alimentan, os coidados que precisan, e moitas cousas máis!
Así é como o estamos facendo:

Poñemos as patacas!

Os nenos e as nenas de Educación Infantil estiveron botando patacas no horto con Ignacio, que ademáis de axudarnos, tamén nos contou algunha propiedade medicinal deste tubérculo. Cando teñades ardor de estómago comede un bocadiño de patata e curaredes nun plis, plas! Sorprendente!

Agora tan só nos queda agardar que as nosas patacas medren moito!


Patacas 2015 by Slidely Slideshow

VÍDEO DE PADRÓN

Un resumo do que vivimos, fixemos e sentimos!!!!!

 

PADRÓN DE ROSALÍA

Para completar o estudo da vida e da obra de Rosalía de Castro, hoxe, fomos a Padrón a visitar a súa casa museo, ademáis de facer outras actividades non menos interesantes como visitar o espolón, o Convento do Carme, o xardín botánico-artístico...

  
 


 
queres ver máis entra no blog http://terceironivel-ceiparzua.blogspot.com.es/
 

TRASPLANTES DE TOMATEIRAS

O noso obxectivo desta actividade é obter plantas para o invernadoiro. Para iso fixémolo en tres fases, despois de sementar tomate cherry aplastándoo para que solte as sementes sobre a terra.
Despois dunhas semanas...
 
 

 

 

 
 
  • Preparación dos envases para plantar planta a planta:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Plantado: collemos unha soa planta con moito coidado, facmos un burato no vaso para introducir o talo ata a metade.









































 
  • Regado:





  • Planta para levar a clase e coidalas como se merecen ata trasplantalas no invernadoiro.





























 
Cada tres días regamos a nosa planta, responsabilizándonos para que chegue a bo fín.

DIVULGACIÓN PAISAXE

Novamente saímos na prensa, no Correo Gallego, polo noso traballo, onde se volve amosar o noso interese pola paisaxe e a aprendizaxe xunto con moitos valores ...

 
Gracias a todos e a todas pero, en especial, a nosa xornalista Mar Toledo por permitirnos chegar a toda Comunidade e fóra dela!!!!!

2ª Semana da Froita

Esta semana, do 13 ao 17 de abril, é a 2ª semana da froita no noso centro.

As froitas son as seguintes:

- Luns: pera

- Martes: ameixa

- Mércores: plátano

- Xoves: amorodo

- Venres: mazá

BOMBAS DE SEMENTES!!!

 

Que son?

Consisten, xeralmente, en bólas pequenas, non maior que unha pelota de tenis formadas por sementes, arxila e compost. O seu obxectivo é ser lanzadas en lugares de difícil acceso para lograr unha sementeira en toda regra.

 

PARA SABER MÁIS PREME A CONTINUACIÓN...

Powered by Drupal - Design by artinet